El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
33609645 visitas
 
Espeleólogos de novo contra Mondoñedo
03 / 11 / 2006 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Cova do Rei CintoloO programa de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo foi suspendido polo Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo tras oito meses de funcionamento.
A Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) pediu esta medida que danará seriamente a economía local, dependente na súa maior medida do turismo. Unhas 2000 persoas visitaran xa a cova.
A FGE continúa, deste xeito, coa súa actitude de frear todo proxecto turístico relacionado coas covas.


ESPELEÓLOGOS CONTRA O DESENROLO TURÍSTICO MINDONIENSE
Dende 2003, a Federación Galega de Espeleoloxía e a Deputación de Lugo sosteñen un litixio polo proxecto de uso turístico da Cova do Rei Cintolo.
Este plan, foi paralizado o ano pasado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o que levou ó Concello mindoniense a promover unha medida alternativa. Dar a coñecer a cova cun programa de visitas guiadas. Este era totalmente respetuoso coa cavidade e permitía que un número máximo de 10 persoas por turno recorreran os primeiros metros da gruta nun itinerario duns 80 minutos de duración.
Oito meses despois de iniciarse o programa, o Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo atende de novo a petición da Federación Galega de Espeleoloxía e decide prohibir as entradas á cova por entender que vulneran a paralización das obras do plan turístico de acondicionamento do interior da cavidade.
Luis Rego, alcalde de Mondoñedo, respeta a decisión, pero ve inxusto que se deteñan as visitas sen escoitar primeiro a palabra do Concello. Ademáis, o programa de visitas guiadas non ten nada que ver co proceso iniciado entre a Federación Galega de Espeleoloxía e a Deputación pola habilitación do interior da cova.
A Federación de Espeleoloxía tamén pediu dilixencias contra o Alcalde, pero foron rexeitadas polo xulgado ó considerar que caen fora do que constitue o obxecto do recurso. Luis Rego, recurrirá o auto xudicial por que, ademáis de velo inxusto, nunca se escoitou a versión do Concello.
A Federación Galega de Espeleoloxía continúa, deste xeito, coa súa actitude de dinamitar calquera proxecto de desenrolo turístico relacionado coas covas. Unha actitude que soamente se pode chegar a entender como unha vinganza por privarlles, fai varios anos, do uso exclusivo e incontrolado que viñan facendo da cova. Un privilexio que aproveitaban para organizar as súas propias visitas guiadas a razón duns 30 Euros por persona.


UN DURO GOLPE PARA A ECONOMÍA MINDONIENSE
Unhas 2000 persoas entraron na cova dende que se iniciou o programa de visitas guiadas. O que superou con creces as expectativas do Concello.
Para este curso, uns 100 colexios tiñan amosado o seu interese por coñecer a cavidade. De feito, o día que se fixo efectivo o peche estaba prevista a entrada de alumnos de varios centros de ensino.
O peche da cova causará un grave dano á economía mindoniense, tanto do Concello como do sector hostaleiro que deixará de recibir o importante fluxo de clientes que xerou o programa.
Nestes oito meses as covas xeraron 24000 Euros nas arcas municipais.
Mondoñedo ten cada vez máis dificil o seu desenrolo turístico, á falta de fondos para rematar as excavaciones do Castro de Zoñán e á paralización da segunda fase de rehabilitación do barrio artesán dos Muíños, súmaselle a suspensión das visitas guiadas á cova.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2021 Mondoñedo en www.mondonedo.net