El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22766581 visitas
 
Candidatura do Partido Popular á Alcaldía de Mondoñedo
10 / 04 / 2011 > Elecciones Municipales 2011 Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Presentación PPA presentación oficial da lista que encabeza Elena Candia tivo lugar este domingo nun multitudinario acto na Casa da Xuventude.
O Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, a Delegada Provincial da Xunta, Raquel Arias, o Secretario do Parlamento Galego, José Manuel Balseiro, e outros membros relevantes do PP arrouparon a presentación da candidatura.
Elena Candia aproveitou a súa intervención para agradecer a presenza de numerosos cargos do partido, mostra do compromiso con Mondoñedo por parte da Xunta de Galicia,  un compromiso que tamén quedou reflexado no acto da súa presentación como Candidata, onde destacou a presenza do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deixando claro que para a administración autonómica, Mondoñedo conta e ten un lugar destacado nos seus proxectos. Podes ver a lista completa coa que o PP concorre ás eleccións municipais en Mondoñedo entrando no enlace de ler máis.


LISTA MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA DE MONDOÑEDO

Presentación Candidatura PP

1.- ELENA CANDIA, licenciada en Dereito. Está ó fronte da delegación de Mapfre e Caja Madrid da nosa cidade. Do 2003 a 2007 estivo no goberno local desempeñando a labor de Concelleira nas áreas de Servizos Sociais, Emigración e Promoción de Emprego.
2.- RAMON GARCÍA GEADA, de Mondoñedo, profesor de secundaria no IES San Rosendo, profesor durante moitos anos no CEIP Álvaro Cunqueiro, centro do que tamén foi director, cunha brillante xestión e cunha especial colaboración no seu momento coa por aquel entón Alcaldesa Dona Enma Valcarce.
3.- JOSÉ OTERO REJES, veciño de Masma, traballa no sector forestal, con dilatada experiencia en política local, presidente da Asociación de Veciños de Masma, Presidente da Agrupación Municipal de Protección Civil. Traballou no equipo de outro Alcalde de Mondoñedo, Luis Rego.
4.- AIDA BASANTA BASANTA, traballa de ATS no Centro de Saúde de Mondoñedo, muller comprometida coas necesidades de Mondoñedo, especialmente boa profesional, adorada polos seus pacientes, alegre, traballadora. Con destacado curriculum, e con compromiso con entidades benéficas.
5.- TERESA FREIRE SÁNCHEZ, profesora e xefa de estudos do CEIP Álvaro Cunqueiro, veciña do barrio de Os Muíños. Concelleira na actual lexislatura.
6.- SONIA FERNÁNDEZ CILLERO, veciña de figueiras, de 22 anos. Licenciada en xornalismo e rematando un Máster de comunicación política. A máis xoven da candidatura. Con destacada presenza en NNXX da provincia de Lugo y de Mondoñedo.
7.- SABINA ALLENDE MENENDEZ, médico no Centro de Saúde. Os seus pacientes sinten verdadeira admiración polo seu traballo e dedicación.
8.- MIGUEL GONZÁLEZ VEIGA, xubilado de Mondoñedo, lembrado por todos polo negocio que rexentou durante tantos anos. Gran colaborador do falecido Alcalde de Mondoñedo Armando.
9.- ALFONSO CANCELA CASTRO, empresario de Mondoñedo. Estivo 8 anos no goberno municipal. Gran impulsor do Mercado Medieval e outros proxectos para turismo.
10.- JOSÉ RAMÓN DÍAZ BARREIRA, gandeiro de Lindín.
11.- MARÍA JOSÉ COCIÑA BAÑO, auxiliar de enfermería no Hospital da Costa. Con papel destacado en moitas organizacións.

SUPLENTES
GERVASIA CABANAS EIRAS, do barrio de cesuras, traballadora do Concello.
MILAGROS MARTINEZ RIVAS (Miluchi), muller de Lolo Santamarina (D.E.P.) traballador incansable polo partido.
MONTSERRAT BASANTA IGLESIAS, de Ferreira de Oural, traballadora.
MANUEL PARDO BELLO, empresario, vinculado ó sector agrícola.
LUCIANO FOLGUEIRA LORIGADOS da parroquia do Carme. Empregado.
MARCOS CABANAS SANCHEZ, licenciado en empresas, xerente nunha empresa adicada ó transporte, pertence a NNXX.
VEREMUNDO GARCÍA FERNÁNDEZ, de Oirán.
IRMA IGLESIAS PÉREZ, administrativa, de Santa Maria Maior. Presidenta da Asociación de Veciños de Santa María Maior.
LUIS OTERO PENA, de Oirán, agricultor.
ÁNGELES RODRIGUEZ RICO, de Mondoñedo, sociologa.

FOTOS DA PRESENTACIÓN

Presentación Candidatura PP

Presentación Candidatura PP

Presentación Candidatura PP

Presentación Candidatura PP

Presentación Candidatura PP

Presentación Candidatura PP

Presentación Candidatura PP



 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net