
Afirman dende o PP local que contar cos apoios necesarios na Xunta de Galicia e no goberno central é a mellor garantía para poder levar adiante os proxectos.
Rematada a primeira semana de campaña, parece que a Elena Candia no lle faltan apoios. Un bo número de altos cargos do PP achegáronse a Mondoñedo para arroupar a lista do seu partido.
Entre outros, o Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, o Presidente Provincial do PP, Xosé Manuel Barreiro, o Secretario da Mesa do Parlamento, Xosé Manuel Balseiro, o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, ou a Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias.
Pero o desfile de altos cargos non parará na segunda semana de
campaña, o luns estará na nosa cidade a Presidenta do Parlamento
de Galicia, Pilar Rojo, e o martes a Conselleira de Traballo e Asuntos
Sociais, Beatriz Mato. A campaña rematará o venres coa
presenza do Conselleiro de Medio Rural.
O Conselleiro de Industria manifestou o seu apoio á alcaldable popular e citou as inversións que o seu departamento levou a cabo en Mondoñedo. Do
mesmo xeito, comprometeuse a chamar a Candia o día seguinte ás
elecciones municipais para acordar unha reunión na que tratar as
necesidades mindonienses que lle competen á súa Consellería.
O titular de Industria tamén aproveitou para informar ós
mindonienses de que no tempo que leva na Xunta non tivo ningunha
chamada nin petición do goberno de coalición local. Pola contra, si
que asegurou ver a Elena Candia pola Consellería, onde se reuniu con
responsables do seu departamento autonómico.
O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, mantivo unha reunión no hostal O Padornelo cos veciños de Mondoñedo que se ven
afectados, dalgún xeito, polos ámbitos de actuación que engloba o seu
departamento autonómico. Durante o acto de apoio á alcaldable
popular, Agustín Hernández explicou as súas liñas de actuación na nosa
cidade e sinalou o compromiso da Xunta por establecer un enlace coa A-8, así como por rehabilitar vivendas sociais nos Muíños.
Por último, o Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, aproveitou a súa visita a Mondoñedo para interesarse polo descorrer da campaña electoral no noso Concello e para apoiar á candidatura de Elena Candia. Rueda veu a Mondoñedo acompañado da Delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, e o Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Balseiro.