El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
22792983 visitas
 
O PP pechou a súa campaña cos mítines de Vilamor e Sta. María Maior
20 / 05 / 2011 > Elecciones Municipales 2011 Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Conselleiro de Medio RuralO conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, arroupou esta tarde, nun acto celebrado na Casa de Mañas, á candidata á alcaldía polo PP de Mondoñedo, Elena Candia.
A alcaldable trasladoulle ó popular as necesidades do rural mindoniense e solicitoulle que estudie e axilice a situación na que se atopan as concentracións parcelarias de Sasdónigas e de Mondoñedo norte. 
Consciente dos catro anos perdidos, Candia reincidiu na necesidade de optimizar a vida no rural e de motivar os proxectos daquelas persoas que desexan asentar o seu modo de vida no campo. Ante esta situación, a candidata mindoniense presentoulle ó conselleiro a necesidade de continuar co proceso de acondicionamento de fincas e camiños que quedan por abrir, de mellorar o firme e desbroce nas pistas e de traballar por un plan de emerxencias que contrarresten os danos dos incendios.

Ademáis, Elena Candia pediulle ó titular do departamento da Xunta que impulse as festas de As San Lucas e con elo ó mundo do cabalo, así como a tradicional rapa das bestas. 

Pola súa parte, Samuel Juárez amosouse consciente das necesidades prioritarias no rural en época de crise e comprometeuse a traballar pola resolución das concentracións parcelarias e polo arreglo das vías de comunicación e da implantación de Internet no rural. O conselleiro tamén resaltou o traballo realizado durante os catro anos na oposición por Elena Candia, a quen dixo coñecer dende fai tempo polo contacto que tivo con el e outros membros do seu departamento, a quenes se dirixiu co obxectivo de resolver problemáticas do rural mindoniense.

O mitin de peche de campaña celebrouse na casa da escola de Santa María Maior ata onde se desprazou o deputado autonómico e secretario do Parlamento de Galicia, Xosé Manuel Balseiro, así como a tamén deputada rexional, Emma Álvarez.

Mitin con el Conselleiro de Medio Rural

Mitin con el Conselleiro de Medio Rural

Mitin con el Conselleiro de Medio Rural

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net