El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22898175 visitas
 
El PP lamenta que la reedición del bipartito suponga otros 4 años perdidos
02 / 06 / 2011 > Elecciones Municipales 2011 Compartir en Facebook Compartir en Twitter
NOTA DE PRENSA - O Partido Popular de Mondoñedo pide a socialistas e nacionalistas que asuman os resultados electorais, que deixaron a un alcalde cesado de facto polos veciños e un tenente de alcalde que perdeu a metade dos sufraxios.
O Partido Popular pide coherencia ao PSOE, que por unha banda di que non acudirán a ningunha reunión (que anuncia terá lugar o próximo luns ás 8 da tarde) e pola outra reclama a Elena Candia que dea a cara persoalmente.

Mondoñedo, 2 de xuño  de 2011 - O PP teme que a reedición do bipartito supoña outros catro anos perdidos para Mondoñedo e significou que tanto socialistas como nacionalistas deberían asumir e aceptar o resultado das urnas, isto é, un alcalde cesado de facto polos seus veciños e un tenente de alcalde que perdeu a metade dos votos.

Os populares piden que non se desvirtue o acontecido o 22-M onde o PP acadou unha maioría moi ampla e lembrou que de terse apostado por unha alternativa de esquerdas PSOE e BNG deberan presentarse xuntos e non por separado como fixeron. Nese senso os populares salientaron que entre os veciños reina o desconcierto porque ainda non se ten aclarado con que programa gobernaran, si será co do PSOE o co do BNG ou con ningún deles.

Elena Candia amósase disposta a traballar por Mondoñedo, como leva feito,  tal e como lle demanda o portavoz socialista e significa que a mellor forma de facelo é precisamente dende a alcaldia. A edil popular lembra que durante a pasada lexislatura o Executivo municipal tan só dedicouse a chorar polo que chegou o momento de que asuman a responsabilidade de goberno outros -o PP- tal e como decidiron maioritariamente os veciños nas urnas, sinalando a aqueles que entendian máis capacitados.

Os populares lembran que os propios conselleiros corroboraron nas súas visitas a Mondoñedo que o alcalde nin tan sequera os había visitado nos seus despachos e que non ten sentido manter a alguén na alcaldia cando non é capaz de sair da Casa do Concello e petar ás portas das intitucións que fagan falla para traer investimentos cara o municipio.

Finlamente, os populares reclamaron coherencia ao PSOE que, por unha banda, pide a Elena Candia que dea a cara de xeito persoal para ofrecer as súas propostas e pola outra afirma que os socialistas non teñen intención de acudir á reunión convocada polo PP coas distintas forzas políticas. Os populares esperan que o PSOE reconsidere a súa postura e asistan á xuntanza, que xa adiantaron terá lugar o vindeiro luns ás oito da tarde.

O PP conclue insistindo na importancia de facer valer a opinión maioritaria dos veciños expresada na ampla maioria acadada polos populares.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net