Uso de cookies:
Esta web utiliza cookies propias y de terceros. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Más información: Política de Cookies.[X]
Segunda investidura de Orlando González Cruz como Alcalde de Mondoñedo
11 / 06 / 2011
> Actualidade
O nacionalista Orlando González tomou posesión esta mañá como Alcalde de Mondoñedo, cos catro votos do seu partido (BNG) e os dous dos seus socios de goberno (PSOE).
O edil do Partido Socialista, Modesto Díaz, renunciou á súa candidatura uns minutos antes da votación de investidura. O recén reelexido Alcalde de Mondoñedo prometeu gobernar para os máis necesitados co pouco diñeiro que, segundo afirmou, ten o Concello.
Por outro lado, no seu discurso de investidura, tamén se comprometeu a traballar pola creación dun centro de día. Podes ver as fotografías da sesión de investidura entrando no enlace de ler máis.