NOTA DE PRENSA “Procedido o reconto de votos, conseguiu a maioría absoluta D. Manuel Orlando González Cruz”, estas foran as palabras da Secretaria do Concello que proclamaron ao reelecto Alcalde de Mondoñedo, e co que se da forma ao pacto entre BNG e PSOE para garantir un goberno de estabilidade.

Despois dos aplausos do público asistente, o Alcalde do BNG invitou “aos compañeiros electos da corporación, de todos os partidos políticos, do BNG, do PSOE e do PP a que traballen en prol de Mondoñedo, polos intereses mindonienses, sen primar os intereses partidistas”.

Investidura

Dende o BNG Mondoñedo queremos deixar constancia de que o importante é o futuro de Mondoñedo, e facemos un chamamento público a todos os partidos políticos para traballar con lealdade a favor de Mondoñedo, deixando de lado intereses partidarios e onde a oposición xogará un papel importante como órgano de control e fiscalizador do goberno municipal.

En palabras do Alcalde: “esta seguirá sendo unha alcaldía aberta a todos, que representa ao pobo de Mondoñedo, aberta aos mindonienses para falar co Alcalde cando queiran e onde queiran”.