Ramón CarballoNOTA DE PRENSA
Ramón Carballo, xefe territorial de Medio Rural, visitou esta semana o lugar mindoniense de Estelo, convidado polo Partido Popular local, e mantivo unha xuntanza coa Comunidade de Montes da zona.
O xefe territorial de Medio Rural quixo coñecer de primeira man a situación na que se atopa actualmente a actividade gandeira da zona logo de verse prexudicada pola detección dun brote de tuberculose vacún que en principio foi erradicado. O PP local a través da súa portavoz, Elena Candia, manifestou o agradecemento cara a Xunta de Galicia “na xestión deste problema tan importante para os gandeiros”.

Ramón Carballo recorreu os terreos a pastizal e o monte de Estelo tras ser requirido polo Partido Popular local. Ao longo da mañá Carballo comprobou in situ o número de cabezas de animais estabulado e do que pasta no monte, así como tamén presenciou o traballo dos máis de vinte veciños que se dedican a explotación gandeira na zona e observou as infraestruturas do núcleo de Estelo e Tronceda. Segundo Carballo a visita deixouno “gratamente sorprendido da boa xestión que se fai dos montes tanto forestal como agraria o que conleva a prevención de incendios forestais”. Neste senso, o xefe territorial de Medio Rural alentou aos veciños na necesidade de que “todos debemos conseguir esta xestion multidisciplinar dos montes, xa que eso redunda nunha maior rendabilidade para os propietarios, e tamén porque non para a Administración”

Durante a visita o xefe territorial, xunto coa deputada provincial e portavoz do PP en Mondoñedo, Elena Candia, e con concelleiros do partido na cidade mantiveron unha xuntanza coa Comunidade de Montes da zona. Na reunión os populares e a directiva da comunidade intercambiaron impresións sobre a situación do núcleo ao tempo que os veciños puideron trasladarlle ao representante da Xunta e do PP as inquedanzas e problemáticas que afectan a actividade gandeira e agrícola da zona.

Este lugar pertencente a parroquia dos Remedios sufriu fai dous anos un foco de tuberculose que lle custou a vida a un elevado número de reses que constituían a principal fonte de ingresos dos veciños da zona. Ramón Carballo recordou a visita que fixo a Estelo cando se detectaron as infeccións na cabana gandeira, e dende aquela asegura que “tanto a administración como os gandeiros nos puxemos a traballar na mesma dirección para que no menor tempo posible puideramos eliminar o foco”. Cabe recordar que trala realización de novas probas nos primeiros meses deste ano, os resultados foron positivos e os gandeiros recibiron a correspondente carta de cualificación sanitaria –coñecida como Carta Verde--, póndolle fin así a inmobilización das súas explotacións. 

En resumo, Carballo lembrou que “esta visita encádrase dentro das visitas que pretendo facer con todolos sectores do rural para coñecer de primeira man os problemas e as necesidades de cada un dos lugares”. Tamén convidado polo PP local na tarde de onte o xefe territorial de Montes acercouse ata a parroquia de Masma para coñecer a execución das obras dentro da concentración parcelaria.