NOTA DE PRENSA - Socialistas e nacionalistas, incapaces de xustificar os seus actos durante os cinco anos que levan no goberno, escúsanse continuamente no pasado para non asumir as súas responsabilidades no empeoramento da situación económica municipal.
O Partido Popular pregunta canto tempo ten que pasar para que o bipartito asuma a responsabilidade pola súa xestión municipal.
Polo momento, o alcalde aínda non ten explicado as razóns que lle levaron a extralimitarse das súas funcións e levantar un reparo de intervención cando o órgano competente para facelo era o pleno.

Mondoñedo, 12 de agosto de 2011
.- A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, preguntou hoxe canto tempo ten que pasar para que o bipartito local asuma a responsabilidade pola súa xestión municipal e lamentou que unha e outra vez socialistas e nacionalistas teñan que escudarse no pasado ante a incapacidade de xustificar os seus actos nestes cinco anos que levan no goberno e, o que é moito peor, pretendan agochar ante a opinión pública a súa clara responsabilidade no empeoramento da situación económica municipal.

A portavoz popular salientou que, pese ás reiteradas peticións da formación política que ela lidera, o alcalde aínda non explicou as razóns que lle levaron a extralimitarse das súas funcións e levantar un reparo de intervención -paralizando todas as actividade económicas- cando o órgano competente para facelo era o pleno. Elena Candia sigue preguntándose tamén polos motivos polos que, a pesar de ter contratada a unha empresa externa e investido gran cantidade de diñeiro nela, aínda non existe contabilidade municipal e emprazou ao equipo de goberno a que aclare cales poden ser as consecuencias da falta deste control contable, pois as sufrirán todos os veciños.

Destacando que o reparo que se lenvantou sen competencia, pese a ser advertido,  podia facelo correctamente, dado que o pleno estaba sen celebrar e no de xullo, rexistrouno por urxencia.

Elena Candia ironizou lembrando que a apelación que o goberno local fai ás partidas orzamentarias non ten sentido algún, xa que como o propio alcalde recoñeceu, non só estamos ante un orzamento prorrogado, senón que ademais a última liquidación existente -que data do ano 2009- tampouco é de fiar porque contén un remanente de tesourería de aproximadamente 2 millóns de euros, que o propio executivo local admite que non existe.

Os populares seguirán estudando polo miúdo a documentación dispoñible e os distintos informes do servizo de intervención que unha e outra vez non foron tidos en conta por parte do alcalde, para  adoptar as decisións que correspondan e nos ámbitos que correspondan, sen descartar ningunha opción.