El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
30597141 visitas
 
Mondoñedo, berce de escritores
31 / 10 / 2011 > Con voz propia Compartir en Facebook Compartir en Twitter

31102011a.jpgDe Á. CUNQUEIRO non vou a falar nin da súa inmensidade literaria, nin das súas novelas, nin das pezas teatrais, nin da súa poesía, nin dos seus libros de viaxes, nin dos de cociña, nin dos seus artigos periodísticos (dos que xa van recompilados en doce libros) porque críticos e profesores de literatura tenos a Universidade de Santiago. Imos, por uns momentos, resucitalo. Imos ir con el, cos seus textos, a facer un percorrido físico e sentimental polo seu Mondoñedo, pois como di nuns fermosísimos versos: Pro eu resucitarei que soio volven // os que recordan, compañeiros. Imos, pois, recordalo e resucitalo por uns momentos.
Sempre que lle preguntaban onde estaban as súas raizames literarias contestaba o mesmo:
Coido que unha enorme parte vénme da minha infancia e das miñas raigañas… Vénme das cousas escoitadas nos meus días infantís… Vénme do meu país, do meu contorno, da miña memoria deformante, da miña afeccción polos prodixios e polos milagres, do meu amor polas cousas que non son da realidade senón do soño… (Grial 110, páx. 203);
Estes soños, esta tendencia á fantasía tamén lla proporcionaba Mondoñedo:
La misma cosa esa de mi ciudad natal, episcopal, con sus campanas y su muerte del mariscal Pardo de Cela, todo esto compone un mundo en el que hay semilla suficiente para que una imaginación pueda florecer en un momento dado, aparte de lo que uno lleve dentro, de la genética, claro (El País, 20-IV-80);

ata tal punto que xungue a Mondoñedo coa fantasía:
O que houbo sempre en Mondoñedo é unha propensión a pantasía (A. C. O gran fabulador, Xunta de G., páx. 56).
Pero en Mondoñedo A. Cunqueiro sentía algo especial e fundamental para un escritor e poeta, como era el, sentía a “melancolía e o silencio”:
Si Lugo fue para mí clasicismo, Mondoñedo es la melancolía y el silencio. […] Ahora tengo en los ojos toda la melancolía y en el oído todo el silencio de Mondoñedo. Sobre todo, el silencio, gozoso y casi táctil, en el que mansamente decantan las horas[…] el silencio es un producto de la cultura, como la soledad. Yo reputo a Mondoñedo, como una escuela de silencio, tan ilustre como Verona. [15]
Do silencio ten as frases máis fermosas que lin na miña vida:
Llueve: llueve silencio y lluvia. El bosque de Silva parece un bosque de lanzas; y estoy tan solo como Dios está solo en las alturas (A. C. O gran fabulador, Xunta de G., páx. 189)
Y me ha despertado dos veces el enorme silencio. [16]
Voy por la calle de Batitales hacia las Concepcionistas, y voy pisando silencio. [17]
He pisado tres veces el silencio.
Y en la hora vespertina, en el verano, en el enorme silencio sonrosado de la tarde, el alma se ponía a la expectativa del canto del ruiseñor.[18]
Mondoñedo cotidianamente vive en el silencio; aquí podríamos inventar el Mindoniental, absoluto, suave, reparador, tranquilizante. [19]
Aprenda el viajero a dejarse, en Mondoñedo, acariciar por el silencio, por una música antigua que anda por el aire, en el agua de las fuentes, en el eco de las campanas. Es como un terciopelo tibio…

E do silencio nace a soidade, por iso confesa tamén:
 “Góstame a soedade” (Autopoética, CCG)  [20]
soidade que paseaba por todo Mondoñedo:
Tengo dicho que llevo mi ciudad natal a un costado de mi vida, y no me es fácil -aparte el envejecer con ella y en ella-, contarle sus trabajos y sus días. Me gusta, por ejemplo, caminar por sus rúas itinerarias, San Roque, Perejil, del Pumar…[21]
Os paseos pola cidade e arredores eran o seu alimento literario, de aí que diga:
góstanme os longos paseos por ista docísima ribeira (Autopoética, CCG);

ribeira que camiñaba de riba para baixo e a cotío:
Góstame…a estrada do Carmen pólo inverno, que é chea de sol; a estrada de San Lázaro pola primaveira, estrada de riquísimo áer; polo vran á veira dos ríos, polas aceas de Xacinto i-a ría da Cega; no outono a Alameda dos Remedios é unha groria (Autopoética, CCG).
Mesmo dos crus e duros invernos mindonienses chegou a escribir:
Mondoñedo, en invierno, es sencillamente maravilloso: dulce bajo el sol, enorme y melancólico bajo la lluvia (A. C. O gran fabulador, Xunta de G., páx. 192).
Cunqueiro sentía necesidade de Mondoñedo. Había unha perfecta simbiose entre o escritor e a cidade, de aí que diga abertamente:
Prefiro Mondoñedo e Compostela a todo (Autopoética, CCG)
por iso cando cae enfermo e despois de pasar polo hospital, nunha entrevista que concede ó periodista Perfecto Conde no xornal “El País” o primeiro que lle di é:
Yo estuve hospitalizado tres veces y la primera llegué a pensar que podía no volver por mis caminos de Mondoñedo (El País, 20-IV-80).
Velaí o gran drama de Á. Cunqueiro, non poder volver soñar na súa cidade, o que probablemente lle supoñía a morte como escritor. Era en Mondoñedo onde voaba a súa fantasía. Mondoñedo, pois, proporcionáballe todo o que necesitaba para escribir: soño, silencio, soidade, longos paseos, fantasía e, mesmo, amor, xa que do seu puño e letra temos na Autopoética a seguinte fermosa confesión:
No espello do armario agárdanme tristes // restos dun rostro amado eternamente (Autopoética, CCG).
Estes eran os seus deuses literarios que vivían no olimpo mindoniense e só aquí os podía atopar e gozar.
E para despedirnos, quixera ter un recordo para o bosque de Silva, que tantos soños lle proporcionou e que se atopa aquí ó lombo da Alcántara, e para o que el aínda segue mirando grazas á estatua de Juan Puchades:
Quisiera encontrar palabras para los versos de una elegía en la que poder decirle al bosque, al oído, que existe la resurrección de las verdes ramas, allá, en el Paraíso… [22] Cae la tarde en el bosque y en el siglo. [23]

 
 
Antón Meilán García (Universidade de Oviedo)  - Mondoñedo 14/05/2011
 
 
NOTAS:
1 Cantar galego de Leiras Pulpeiro que se pode ler na fronte da casa onde vivíu cos pais, na rúa que leva o seu nome, nº 15, en Mondoñedo.
2 A. Cunqueiro, “El regreso a Citérea”, Viajes imaginarios y reales, Selección e prólogo de César Antonio Molina, Tusquets Editores, Barcelona, 1986, páx. 67.
3  H. Cal Pardo, “Cantores do Nadal”, Monfadal, Revista mindoniense de cultura, Xixón, 1998, páx. 37.
4  H. Cal Pardo, Catálogo de los documentos medievales, escritos en pergamino, del Archivo de la Catedral de Mondoñedo, Deputación Provincial de Lugo, 1990, páx. 13.
5  J. Rodríguez del Padrón, Siervo libre de amor, edic. de Antonio Prieto, Madrid, Castalia, 3ª ed., 1986, páx. 67.
6  Vide A. X. Meilán García, “O último ano do Mariscal Pero Pardo de Cela: o cerco e a traizón da Frouseira”, en Murguía, Revista Galega de Historia, Santiago de Compostela, AGH, 13, 2007, páxs. 71-72.
7  E. Lence-Santar y Guitián, Mondoñedo y el arbolado en el siglo XVI, Viveiro, A. Santiago, 1954, páx. 7.
8  Vide nota 3.
9  M. Leiras Pulpeiro, Obra completa, Estudo crítico de X. L. Franco Grande, Fundación Penzol, Galaxia, 1970.
10 Manuel Leiras Pulpeiro, Poesía completa, Estudio, edición e notas por X. Alonso Montero, Sálvora, Santiago de Compostela, 1983.
11 R. Reimunde Noreña, M. Leiras Pulpeiro, Poesía Completa, Sotelo Branco, Barcelona, 1984; tamén Ben pode Mondañedo desde agora. A esencia popular na obra e na lengua de M. Leiras Pulpeiro, Fundación Caixa Galicia, El Progreso, Lugo, 1998.
12 Cfr. X. R. Freixeiro Mato, Da montaña o corazón (Producción literaria e lingua en Noriega Varela), Fundación Caixa Galicia, Lugo, 1993, páxs. 11-12.
13 X. R. Freixeiro Mato, A cara oculta de Noriega Varela (biografía e textos esquecidos), Laiovento, Noia, 1992; tamén Antonio Noriega Varela. Estudio e edición da obra completa, Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo, Lugo, 1994, 2 tomos.
14 I. Morán Cabanas, “Cando esquece o toxal florido (A figura da mai en A. Noriega Varela)”, Monfadal, Revista mindoniense de cultura, Gijón, 1998, páxs. 69-80.
15 A. Cunqueiro, “En Mondoñedo por San Lucas”, El pasajero en Galicia, Selección e prólogo de César Antonio Molina, Tusquets Editores, Barcelona, 1989, páxs. 163-164.
16 A. Cunqueiro, “El regreso a Citérea”, Viajes imaginarios y reales, páx. 67.
17 A. Cunqueiro, “El viaje a Mondoñedo”, 100 artigos, Escolma de Dorinda Rivera Pedredo, La Voz de Galicia, 2001, páx. 114.
18 A. Cunqueiro, “En la muerte de un bosque”, El pasajero en Galicia, Selección e prólogo de César Antonio Molina, Tusquets Editores, Barcelona, 1989, páx. 76.
19 A. Cunqueiro, “As San Lucas”, O reino da chuvia, Artigos esquencidos, Serie recompilada por Mabel Mato, Deputación Provincial de Lugo, 1992, páx. 388.
20 A. Cunqueiro, Autopoética e Poesías de Álvaro Cunqueiro, Consello da Cultura Galega, 1991.
21 A. Cunqueiro, “Mondoñedo. Un valle y un pueblo encantados por el silencio”, Faro de Vigo, Número especial del centenario, 1953, páx. 91.
22 A. Cunqueiro, “En la muerte de un bosque”, El pasajero en Galicia, páx. 76.
23 A. Cunqueiro, “El viaje al bosque”, O reino da chuvia, páx. 10.



NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla



 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2020 Mondoñedo en www.mondonedo.net