Javier GuerraEl Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, anunció la creación de una comisión de seguimiento en la que la Xunta y el Concello de Mondoñedo avancen en la búsqueda de alternativas para atraer inversiones a la zona. El titular de Economía e Industria se reunió este martes con la corporación municipal de Mondoñedo y representantes de los trabajadores de Ecar y Muebles Hermida.
Guerra insistió en que desde la Consellería se está haciendo un importante esfuerzo en la búsqueda de inversiones para la comarca y recordó que este territorio está incluído en el Impulsa Lugo. Además, destacó que la Consellería movilizó inversiones en Mondoñedo por importe de más de 4,3 millones de euros y 30 empresas mindonienses fueron apoyadas en esta legislatura.

NOTA DE PRENSA: O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou este martes o Concello de Mondoñedo, no que mantivo reunións coa corporación municipal e con representantes dos traballadores de Ecar e Muebles Hermida, aos que trasladou o apoio da Xunta de Galicia.

Na reunión co conselleiro trasladou “o importante esforzo que se está a facer dende a Xunta de Galicia para atraer investimentos á zona” e acordouse a creación dunha comisión de seguimento na que a Xunta e o Concello poidan colaborar con este fin. O luns será primeira reunión da comisión, e contará con representantes da Consellería, de XesGalicia, do Impulsa Lugo e máis do Concello.

Con respecto a Ecar o titular de Economía salientou que a Xunta está a buscar investimentos que se poidan facer cargo das instalacións coa máxima prioridade posta no emprego e tamén apuntou á posibilidade de que os traballadores se convertan en propietarios da empresa, “aínda que esta alternativa comercialmente resulta mais complicada”, sinalou.

Guerra insistiu en que dende a Consellería farase todo o posible papa buscar proxectos que se poidan instalar no Concello e lembrou que este territorio está incluído no Impulsa Lugo. De feito, o titular de Economía e Industria salientou que a Consellería mobilizou investimentos en Mondoñedo por importe de máis de 4,3 millóns de euros. Deste xeito, un total de 30 empresas mindonienses foron apoiadas na lexislatura.

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

NOTA: Fotos cedidas por mindonium.es