El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
29046509 visitas
 
Peche de ECAR: Imaxes da visita a Mondoñedo do Conselleiro de Industria
25 / 01 / 2012 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Javier GuerraO Conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, anunciou a creación dunha comisión de seguimento na que a Xunta e o Concello de Mondoñedo avancen na busca de alternativas para atraer investimentos á zona. O titular de Economía e Industria reuniuse este martes coa corporación municipal de Mondoñedo e representantes dos traballadores de Ecar e Muebles Hermida.
Guerra insistiu en que dende a Consellería estase a facer un importante esforzo na busca de investimentos para a comarca e lembrou que este territorio está incluído no Impulsa Lugo. Ademáis, salientou que a Consellería mobilizou investimentos en Mondoñedo por importe de máis de 4,3 millóns de euros e 30 empresas mindonienses foron apoiadas nesta lexislatura.

NOTA DE PRENSA: O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, visitou este martes o Concello de Mondoñedo, no que mantivo reunións coa corporación municipal e con representantes dos traballadores de Ecar e Muebles Hermida, aos que trasladou o apoio da Xunta de Galicia.

Na reunión co conselleiro trasladou “o importante esforzo que se está a facer dende a Xunta de Galicia para atraer investimentos á zona” e acordouse a creación dunha comisión de seguimento na que a Xunta e o Concello poidan colaborar con este fin. O luns será primeira reunión da comisión, e contará con representantes da Consellería, de XesGalicia, do Impulsa Lugo e máis do Concello.

Con respecto a Ecar o titular de Economía salientou que a Xunta está a buscar investimentos que se poidan facer cargo das instalacións coa máxima prioridade posta no emprego e tamén apuntou á posibilidade de que os traballadores se convertan en propietarios da empresa, “aínda que esta alternativa comercialmente resulta mais complicada”, sinalou.

Guerra insistiu en que dende a Consellería farase todo o posible papa buscar proxectos que se poidan instalar no Concello e lembrou que este territorio está incluído no Impulsa Lugo. De feito, o titular de Economía e Industria salientou que a Consellería mobilizou investimentos en Mondoñedo por importe de máis de 4,3 millóns de euros. Deste xeito, un total de 30 empresas mindonienses foron apoiadas na lexislatura.

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

Visita do Conselleiro de Industria

NOTA: Fotos cedidas por mindonium.es
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2020 Mondoñedo en www.mondonedo.net