El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
29046477 visitas
 
O Parlamento galego propón que o novo hospital vigués leve o nome de Álvaro Cunqueiro
15 / 02 / 2012 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O pleno do Parlamento galego aprobou este mércores, cos votos do PP e a abstención da oposición, unha proposición non de lei que solicita que o novo hospital metropolitano de Vigo leve o nome de Alvaro Cunqueiro.
A iniciativa foi defendida polo deputado popular Miguel Santalices, que considerou que a infraestructura debe ter un nome con "consenso social" e que lle dea "prestixio".
O PP mindoniense lamenta a abstención de BNG e PSOE na proposta parlamentaria.

NOTA DE PRENSA:
Mondoñedo, 15 de febreiro de 2012 - O Partido Popular de Mondoñedo lamenta a abstención do BNG e do PSOE en relación a Proposición non lei do PPdeG na que se insta á Xunta de Galicia a propoñer que o novo hospital que se está a constituír leve o nome de Hospital Metropolitano de Vigo Álvaro Cunqueiro.
Dende o Grupo Popular mindoniense non entenden as razóns polas que os grupos da oposición se abstiveron a que o novo complexo de Vigo leve o nome dun dos principais escritores galegos do século XX, que mais contribuíu a difundir tanto o nome de Mondoñedo como o de Vigo.
Segundo o Partido Popular de Mondoñedo, Álvaro Cunqueiro é unhas das figuras nadas na localidade con máis repercusión e recoñecemento. Así, os populares aseguran que o nomeamento do complexo como Álvaro Cunqueiro propiciaría que a figura do veciño mindoniense se consolidara aínda máis no tempo ademais a influencia e recoñecemento do escritor  axudaría a incrementar o prestixio no traballo dos profesionais que prestarán servizo no complexo.
Segundo analizan os populares, todo parece demostrar que parte dos socialistas viron o positivismo deste nomeamento xa que o Grupo Municipal Socialista votou a favor desta iniciativa no Concello mentres que no Parlamento o grupo parlamentario se abstivo.
Así, segundo os populares a abstención do BNG e do PSOE supón unha vez máis negarlle o apoio a un escritor insigne e a unha localidade como Mondoñedo.

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2020 Mondoñedo en www.mondonedo.net