El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
30186896 visitas
 
A Ordenanza de Inspeccións de Edificios obrigará a revisar as vivendas de máis de 50 anos
25 / 02 / 2012 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A Ordenanza de Inspeccións de Edificios atópase en prazo de alegacións.    
Segundo esta norma, será obrigatoria a revisión de prácticamente tódolos edificios de Mondoñedo de máis de 50 anos, co consecuente gasto para os propietarios.
O Partido Popular mindoniense presentará alegacións e pedirá que soamente se elabore esta documentación nos casos de risco para a seguridade.

NOTA DE PRENSA:
Mondoñedo, 25 de febreiro de 2012 - O Partido Popular de Mondoñedo informa de que a Ordenanza de Inspeccións de Edificios está en prazo de alegacións. Dada as características da localidade, dende o grupo municipal ven necesario que os veciños coñezan esta situación.
O Partido Popular da localidade resalta a necesidade de protexer e garantir a seguridade dos mindonienses e defende a importancia de dar un impulso ao deber de conservación. Pese a esta defensa, dende o grupo popular manifestan a súa crítica contra a obrigación de que pasen inspeccións practicamente todos aqueles edificios con data de construción superior aos cincuenta anos ou catalogalos.
A portavoz local, Elena Candia, manifesta a súa critica ante o feito de que esta medida se tome “sen consenso” e segundo Candia “crea unha obrigación gravosa neste momento para os mindonienses”.
Ante esta situación, dende o grupo municipal popular presentarán alegacións para intentar que esta obrigatoriedade só se efectúe cando haxa un documento que acredite o risco de inseguridade.
De igual maneira, segundo explica Candia “tamén pediremos que o deber de conservación se faga extensible a solares pola súa importancia para prever incendios.”.

Xuntanzas veciñais
O PP local está a manter reunións veciñais explicativas dos temas que preocupan aos mindonienses. Así, onte a portavoz local xunto con outros membros do grupo municipal mantiveron unha xuntanza cos veciños da parroquia de Vilamor para informalos da Rede Natura 2000 e da situación na que se atopa a concentración parcelaria. Mañá, ás 17:00 horas, a xuntanza será cos veciños de Masma.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2020 Mondoñedo en www.mondonedo.net