El PP local presentará alegaciones a la propuesta del gobierno local y pedirá que el coste de las inspecciones sea a cargo del Concello. También solicitará que se elabore un Padrón de Edificios sujetos a inspección para facilitar el cumplimiento del deber de conservación.
Sin desvirtuar el deber de conservación, Elena Candia critica que el bipartito castigue a los mindonienses durante un contexto de crisis económica.

NOTA DE PRENSA:
Mondoñedo, 14  de marzo do 2012 - O Partido Popular de Mondoñedo recorda que a Ordenanza Reguladora da Inspeccións Técnica de Edificios, cuxa aprobación inicial aparece recollida no BOP do 16 de febreiro, continúa en prazo de alegacións. Tendo en conta isto, o Grupo Popular presentará ante o goberno local un prego de alegacións co que prevé mellorar os artigos regulados na sentenza e intentar así que se castigue o mínimo posible as economías dos mindonienses. Algo, que segundo explica a portavoz local, Elena Candia, “parece non importarlle ao bipartito, que se esqueceu ata agora do deber de conservación”.
Sen desvirtuar o deber de conservación que o Grupo Popular defende e sendo conscientes ademais da importancia de darlle un impulso pola necesidade de protexer e garantir a seguridade dos mindonienses, a portavoz Elena Candia fai fincapé na necesidade de pensar na situación económica pola que está a pasar a localidade e pide que esta regulación non sexa gravosa para os veciños. Ante esta situación, o PP local pídelle ao goberno local que o custo derivado da obtención do informe sexa sufragado ou ben polo Concello ou ben sexan os servizos técnicos do órgano municipal os que se encarguen da inspección das edificacións.
O PP local leva a cabo esta proposta xa que segundo explica a portavoz local, “é absolutamente desaxeitado plantexar este tipo de iniciativas neste momento”. Candia fai estas declaracións tendo en conta que o bipartito “ata agora nunca se preocupara polo deber de conservación”, explica a portavoz local, “e é agora cando pretenden levar a cabo estas iniciativas gravosas para os veciños, nun contexto de dificultades económicas”.
Así mesmo, para dotar ao municipio dos instrumentos precisos para cumprir coa obriga de velar pola correcta conservación de edificación, Candia solicita a inclusión dun novo artigo na ordenanza no que se require a elaboración dun Padrón de Edificios suxeitos a inspección. Este Padrón, que facilitará o desenvolvemento do traballo, deberá contar con data de remate, poderase pór en exposición pública durante un prazo non superior aos 30 días, e notificarase ademais tanto po correo certificado aos afectados, como nos boletíns oficiais e xornais de maior difusión.
A portavoz local tamén pide unha maior concreción no caso de existir un informe desfavorable trala inspección fixando un prazo para a execución das melloras. Neste apartado, o PP local solicita a inclusión dun novo artigo que ampare aos veciños e no que, no caso de considerar que as obras exceden do límite do deber de conservación do Concello, o dono do inmoble pode solicitar subvencións ou optar pola declaración de estado ruinoso do edificio.
O Partido Popular intentará consensuar estas propostas co goberno local antes de proceder ao seu rexistro.