El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
30184084 visitas
 
O abandono dunha ponte en Masma pon en perigo a seguridade dos veciños
17 / 03 / 2012 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Puente MasmaO estado da construción é moi lamentable e presenta unha importante perigosidade para os veciños ó derrubarse as barreiras laterais protectoras.
Podes ver máis imaxes do estado de conservación desta ponte da parroquia de Masma entrando no enlace de ler máis.
Pola súa parte, o Partido Popular de Mondoñedo pídelle ó bipartito que atenda as demandas do rural e arranxe esta ponte.


NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 17 de marzo de 2012 - O Partido Popular de Mondoñedo pídelle unha vez máis ao goberno bipartito que atenda ás necesidades demandadas polos veciños do rural e arranxe unha ponte situada na parroquia de Masma.

A construción, de especial necesidade para os veciños, presenta dende fai anos un importante estado de abandono. A situación lamentable na que se atopa hoxe en día a infraestrutura supón un importante perigo para os coches, tractores ou viandantes que a diario se ven na obriga de cruzar a ponte que permite o paso sobre o río Masma.

Ademais do mellorable estado no que se atopa o firme da construción, a ponte carece de barreiras laterais protectoras. As barras coas que contaba a ponte e dificultaban as caídas cara un río caudaloso como é o Masma fóronse abaixo en parte da infraestrutura.

O deterioro no que se atopa esta ponte da parroquia de Masma é un exemplo máis que evidencia o desleixo constante do goberno bipartito, que fai oídos xordos ás demandas dos veciños e máis cando unha obra de baixo custe económico suporía un importante beneficio para os que a diario se ven na obriga de cruzar a ponte.


Puente

Puente

Puente
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2020 Mondoñedo en www.mondonedo.net