La gestión de Orlando González convierte Mondoñedo en una ciudad cara para vivir e incómoda para trabajar y sobrevivir, advierte la agrupación local del PP.
El Alcalde prohibe el aparcamiento en la zona de la Fonte Vella sin consensuar la decisión con los vecinos ni ofrecer alternativas al respecto. El PP le pide a González Cruz que rectifique en su gestión contradictoria con el bienestar de los vecinos.

NOTA DE PRENSA:
Mondoñedo, 11 de abril  de 2012 - O Partido Popular de Mondoñedo queixase da xestión emprendida polo rexedor local Orlando González Cruz, que está a converter a cidade de Mondoñedo nun lugar non só caro para vivir, tal e como critica dende fai tempo o Grupo Popular, senón que, tamén agora, traballar e sobrevivir na cidade é incómodo.

Esta situación de dificultade para desprazarse por Mondoñedo acrecéntase coa prohibición de estacionar na zona da Fonte Vella. A portavoz local do Partido Popular, Elena Candia, explica que o rexedor local tomou esta decisión sen consensuar cos veciños nin ofrecer alternativas ao respecto. Candia pídelle a Orlando González que rectifique na súa xestión contradictoria co benestar dos veciños e evite unha política distante e carente de verdade.

A popular fai estas declaracións en relación as manifestacións vertidas polo rexedor local  en prensa, o pasado venres,  nas que lles pediu aos veciños que presentaran alegacións a situación por rexistro. Unha decisión, segundo Candia, tomada para saír do paso e incurrindo en falta de verdade, xa que houbo veciños que presentaron un escrito o primeiro día hábil dende a emisión das declaracións do alcalde, e sen marxe de tempo a reaccionar xa se colocaron as sinais que prohiben o estacionamento.

Ante esta situación, a portavoz popular critica que o goberno local non escoite aos veciños e que tomen decisións que inflúen negativamente na vida dos mindonienses sen escoitalos previamente nin ofrecerlles ningún tipo de alternativas. Ademais de criticar a falta de consenso, Candia pídelle ao rexedor local que acerque o goberno local á cidadanía e manifesta as súas queixas polo procedemento tomado polo goberno para levar a cabo esta decisión, incurrindo en mentiras na decisión tomada. Candia asegura que é obvio que a petición de rexistrar alegacións só se tomou en base a necesidade de conseguir tempo para actuar, xa que cando se presentaron as queixas veciñais, sen tempo a reacción, as sinais xa estaban colocadas sen atender as súas demandas.

A política  en materia de estacionamento emprendida polo goberno local é contradictoria e contraproducente, incrementando as sancións de tráfico que repercuten tamén negativamente nos veciños. Candia recorda a política sancionadora emprendida no entorno do PAC a veciños que acoden con urxencia ao centro médico. Dende o grupo popular proporán unha alternativa neste senso para que se habilite unha parte da alameda dos Remedios  como zona de estacionamento.

Ante esta decisión tomada polo goberno local, dende o Grupo Popular piden a rectificación das medidas tomadas polo rexedor  co obxecto de facilitarlle aos veciños a residencia en Mondoñedo e de non ser así, piden alternativas ao respecto.