El grupo local del PP muy positivamente la implicación social para buscar un asentamiento empresarial en Mondoñedo y se pone a disposición de las asociaciones.
Dicen desde el PP que este movimiento confirma que iban acertados solicitando la creación de la comisión de participación ciudadana. Aseguran, además, que el bipartito negó en dos ocasiones dar cabida al movimiento asociativo en la actividad municipal.
Para Candia la situación que vive Mondoñedo necesita de la unión y el esfuerzo de todos.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 26 de abril  de 2012 - O Grupo Municipal do Partido Popular valora moi positivamente a implicación social para buscar un asentamento empresarial en Mondoñedo. Esta forza política ponse a absoluta disposición de todas e cada unha das trinta asociacións así como da Plataforma Mondoñedo Unido para facilitar toda canta información precisen das xestións levadas a cabo e das propostas que fixo o Partido Popular, así como para recoller suxerencias, que permitan acadar o obxectivo que todos buscamos: mellorar a situación que vive a nosa cidade.

Así mesmo o Partido Popular propón que o bipartito debe replantearse a negativa da creación da Comisión de Participación Cidadá, dado que unha vez máis hai datos obxectivos que xustifican a súa creación. En dúas ocasións este partido levou a sesión plenaria, en dúas mocións, a necesidade de crear esta figura, ao que o bipartito se negou, segundo os populares, de xeito absolutamente inxustificado.

A portavoz do PP local, Elena Candia, informa que o Grupo Popular levaraa por terceira vez a debate plenario e deste xeito, se conseguimos que rectifique o bipartito, solicitar a inclusión da Comisión de Participación Cidadá na Mesa  de Seguemento creada a raíz do peche de Finsa.

O PP local aproveita ademais para invitar as asociacións a participar activamente nas actividades que a Mesa de Seguemento aceptou a proposta do Partido Popular. A primeira delas terá lugar o vindeiro cinco de maio para analizar un dos posibles sectores que pode xerar emprego na nosa localidade: A XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE, prestando especial atención a biomasa.

Posteriormente en xuño traballarase tamén para a mellora a prol dun dos sectores con futuro na nosa comarca: O TURISMO. Cerra este ciclo en xullo, unha mesa de traballo que se centra en autónomos e pequenas empresas.

O Partido Popular está aberto a outras propostas e amosa a súa dispoñibilidade para tramitalas e solicitar información a todas as administracións implicadas se fora preciso.