ReuniónElena Candia destacó que la Consellería contratará el replanteamiento de las fincas resultantes en el área de Sasdónigas, lo que supondrá un investimiento de más de 33.500 euros.
La portavoz municipal popular también se interesó por los procesos de concentración de Masma y del área norte del municipio, ya que para este 2012 se tiene prevista la contratación de la red de caminos secundarios con una inversión superior a los 304.600 euros.


NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 9 de maio de 2012 - A voceira municipal do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, destacou a firme aposta que a Consellería do Medio Rural e do Mar cos procesos de concentración parcelaria da área mindoniense, e subliñou o compromiso da propia conselleira e do seu equipo por dar remate aos trámites dos procedementos levados a cabo na zona das Sasdónigas, Masma e área Norte do termo municipal, tal é como lle expresou a titular do departamento autonómico na recente visita a Mondoñedo para clausurar a xornada levada a cabo pola Mesa de Dinamización.

A Consellería do Medio Rural e do Mar consignou para o 2012 un investimento superior aos 338.000 para a axilización das concentracións parcelarias da localidade. Así, recóllese a previsión da execución da rede de camiños secundarios na concentración da zona Norte, para cuxo fin dende a Administración prevé destinar 304.600 euros, así como un investimento de máis de 33.500 euros para o replantexamento de fincas en Sasdónigas.

Logo da xuntanza mantida onte co director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, a responsable do grupo popular no Consistorio mindoniense manifestou a súa confianza en que esta aposta, realizada dentro das posibilidades da propia Consellería, permita que se podan adoptar de inmediato os pasos conducentes á finalización destes procesos que, nalgún caso, acumula máis de 45 anos de tramitación. Desta maneira, segundo Candia, a Xunta compre con Mondoñedo en relación a unha das preocupacións constantes e dos compromisos máis fortes asumidos polo PP local e para darlle traslado aos mindonienses, o grupo local manterá este venres unha reunión cos veciños de Sasdónigas.

No caso da zona de Sasdónigas, e que se estende por terreos de parroquias de Mondoñedo e Abadín, desde a chegada do Partido Popular ao goberno autonómico, o procedemento sufriu un importante impulso, que fixo que se superaran as dificultades existentes e que radicaban na necesidade de dispor do preceptivo informe de impacto ambiental e de salvagardar o Camiño de Santiago, que discorre pola zona.

Así, e como proba deste impulso, Elena Candia destacou que a Consellería do Medio Rural e do Mar investirá máis de 33.500 euros no replantexamento das fincas, medida que tomará forma nos próximos meses.

Mondoñedo Norte e Masma
No referente á área de Mondoñedo Norte, Elena Candia apuntou que os recursos a este proceso non superaron o tope legal polo que xa se replantexaron as fincas no terreo, o que permitiu a autorización á toma de posesión das novas fincas por parte dos veciños, o que os converte  propietarios e posuidores das novas fincas creadas polo órgano concentrador.

A voceira municipal popular destacou a importante labor de actualización do expediente que está a levar adiante a Consellería de Medio Rural e do Mar no que atinxe á titularidade das fincas, xa que moitas víronse afectadas por cambios de titularidade por falecementos, compras, etcétera.

Amais, Candia tamén significou que o director xeral lle informou de que se están a estudar e resolver, baixo consenso dos veciños, moitas modificacións do acordo estando pendentes de resolución unhas poucas reclamacións de superficie. Nesta mesma liña, a voceira popular tamén subliñou que se están a acelerar os trámites no proceso relativo á área de Masma, e no que a Consellería está a centrar de xeito importante os seus esforzos.

Así mesmo, pende a execución da segunda fase da rede de camiños da zona, e de selo caso, o acondicionamento das fincas, cuxo proxecto xa está redactado e para o acondicionamento da rede de camiños secundarios, a previsión para o 2012 da Consellería é a de investir máis de 304.600 euros. Para verificar o bo avance destes procesos, a voceira popular manifestou a súa intención de manter en breve outra xuntanza cos responsables do departamento autonómico, do que agarda que se tiren aspectos positivos coma a continuidade da disposición da rede de camiños.

A este respecto, Candia quixo expresar o agradecemento cara a Rosa Quintana, quen está a recoller de bo grado as propostas e inquedanzas do Partido Popular de Mondoñedo e apostando por levar adiante estas peticións na medida das posibilidades económicas do seu departamento, coas que a edil mindoniense se amosou comprensiva.

Reunión