El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Hai 8 visitantes en liña
Contador
31140570 visitas
 
A empresa de biomasa que pretende instalarse en Mondoñedo abrirá unha oficina en setembro
10 / 08 / 2012 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A plataforma Mondoñedo Unido que aglutina a práctica totalidade de asociacións culturais, deportivas, veciñais e empresariais dos Concellos de Mondoñedo e Lourenzá continúa en contacto coa empresa Eogal Bioenerxía para seguir o proceso de instalación dunha planta de biomasa no municipio.

NOTA DE PRENSA - Mondoñedo Unido
A empresa de biomasa que pretende instalarse en Mondoñedo informou aos representantes da plataforma Mondoñedo Unido que ten intención de abrir unha oficina en Mondoñedo no vindeiro mes de setembro que servirá de base loxística dos distintos técnicos que acometerán o proxecto así como de punto de recollida de currículums para o proceso de selección de persoal que se levará a cabo, tal e como indicaron representantes de Eogal Bioenerxía.

Esta empresa mantén tamén contactos coas comunidades de montes da contorna para establecer convenios de suministración de materia prima para a planta de biomasa. Algunhas destas conversas xa están moi avanzadas, segundo comentan responsables de Eogal Bioenerxía.

A finais do mes de setembro ou comezos de outubro, Mondoñedo Unido celebrará unha asamblea na que ademais de informar aos representantes das asociacións dos trámites de instalación da planta de biomasa como a visita realizada recentemente a unha planta de biomasa en Tineo, tamén se tratarán cuestións relativas á promoción comercial, empresarial e turística dos municipios.


 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2020 Mondoñedo en www.mondonedo.net