|
A empresa de biomasa que pretende instalarse en Mondoñedo abrirá unha oficina en setembro |
|
10 / 08 / 2012
> Actualidade
|
|
|
A plataforma Mondoñedo Unido que aglutina a práctica totalidade de
asociacións culturais, deportivas, veciñais e empresariais dos Concellos
de Mondoñedo e Lourenzá continúa en contacto coa empresa Eogal
Bioenerxía para seguir o proceso de instalación dunha planta de biomasa
no municipio.
NOTA DE PRENSA - Mondoñedo Unido
A empresa de biomasa que pretende instalarse en Mondoñedo informou aos representantes da plataforma Mondoñedo Unido que
ten intención de abrir unha oficina en Mondoñedo no vindeiro mes de
setembro que servirá de base loxística dos distintos técnicos que
acometerán o proxecto así como de punto de recollida de currículums para
o proceso de selección de persoal que se levará a cabo, tal e como
indicaron representantes de Eogal Bioenerxía.
Esta empresa mantén tamén contactos coas comunidades de montes da
contorna para establecer convenios de suministración de materia prima
para a planta de biomasa. Algunhas destas conversas xa están moi
avanzadas, segundo comentan responsables de Eogal Bioenerxía.
A finais do mes de setembro ou comezos de outubro, Mondoñedo Unido
celebrará unha asamblea na que ademais de informar aos representantes
das asociacións dos trámites de instalación da planta de biomasa como a
visita realizada recentemente a unha planta de biomasa en Tineo, tamén
se tratarán cuestións relativas á promoción comercial, empresarial e
turística dos municipios.
|