El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22785565 visitas
 
El PP mindoniense critica el pésimo resultado de las obras acometidas en la zona de la Catedral
28 / 08 / 2012 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Os populares critican que a xestión do rexedor mindoniense desincentive calquera iniciativa emprendedora na localidade. O PP de Mondoñedo considera “inaceptable” e “incomprensible” o estado que presenta o empedrado do entorno da catedral arranxado fai menos de catro meses e logo do diñeiro público invertido.

NOTA DE PRENSA

O populares de Mondoñedo critican o pésimo resultado das obras acometidas na zona da catedral mindoniense, o que cualifican como un exemplo de dilapidación de diñeiro público
O Grupo Municipal do Partido Popular amosou en numerosas ocasións o seu descontento con esta obra, que ademais de inutilizar o espazo, tamén conleva problemas na regularización do tráfico.

Empedrado roto

Mondoñedo, 28 de agosto de 2012
O Partido Popular de Mondoñedo denunciará no próximo pleno municipal o mal estado que presentada o empedrado do entorno da catedral logo de ser arranxado fai menos de catro meses. O chan desta zona presenta pedras rotas e cun asentamento pouco firme pese ao pouco tempo que levan colocadas.
O pésimo resultado nestas obras é un exemplo de dilapidación de diñeiro público, segundo denuncian os populares. Polo tanto o Grupo Municipal do Partido Popular pídelle ao goberno de Mondoñedo que subsane as deficiencias do empedrado do entorno da catedral, e que evite así posibles danos aos transeúntes, ademais de ofrecer ao turista unha imaxe coidada de Mondoñedo.
O Partido Popular xa amosou en reiteradas ocasión so seu rexeitamento  ao proxecto destas obras materializadas polo BNG e o PSOE nas zonas da catedral, o seminario e a Fonte Vella. Os populares consideran que esta obra inutilizou o entorno da praza do seminario, localización adecuada  para a realización de eventos, como poden ser concertos ou feiras. A colocación de cadeiras e pedras sen utilidade definida neste entorno xa conlevou consecuencias negativas para os veciños, provocando choques de vehículos contra os bloques de pedra asentados na zona.
O Grupo Municipal do Partido Popular tamén critica que esta obra dificulte o aparcamento na localidade, sobre todo para os veciños destas rúas. Os populares denuncian que pese as demandas dos residentes, a día de hoxe o Concello non consensuou cos veciños un plantexamento serio en materia de tráfico.
Dado esta situación, os populares piden un maior compromiso coas demandas dos veciños e dos comerciantes da zona, xa que segundo denuncian dende o PP, a actitude de Orlando González esta dilapidando o pouco comercio local, ademais de desincentivar calquera iniciativa emprendedora que se amose para asentarse na zona.

Empedrado roto


 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net