El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22776421 visitas
 
Actividades de Nadal da Asociación Cultural "O Pasatempo"
18 / 12 / 2012 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
CortometrajesDurante o mes de decembro a asociación cultural "O Pasatempo" quere recordar a historia de Mondoñedo e as súas xentes e ó mesmo tempo mirar cara ó futuro a través da ollada dos xoves creadores.
Durante o Nadal, todos aqueles que queiran, poderán disfrutar de dúas actividades que serán totalmente gratuítas: unha exposición sobre a historia do fútbol en Mondoñedo, e a proxeccións e estrea de varias curtametraxes.
Máis información entrando no enlace de ler máis.

Ponse en marcha a “I Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” que se desenvolverá en dúas xornadas, os domingos 23 e 30 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 8 da tarde. Nesta xornada proxectaranse dez curtametraxes, cinco cada día de entre 5 e 20 minutos, sobre diferentes temáticas.
Os proxectos audiovisuais están realizados por xoves creadores de Mondoñedo e outros lugares de Galicia. O domingo 23 poderase ver o documental “Ferro Ardendo”, “Para Mariñeiros nós”, “Servicio a Domicilio”, “Paixón por Ferrol” e “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”.
O segundo día, domingo día 30 de decembro proxectaranse “Houston”, “Sin Plomo”, “Pantin Classic”, “X nada” e “Lugnasad. Unha noite máxica”. Asistir a calquera destas proxeccións serán gratuíto.
Dentro desta “I Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” o sábado 29 de decembro producirase a gran estrea en Mondoñedo da curtametraxe “Mr Smith & Mrs Wesson”, de Alejandro Saavedra. Este filme está protagonizado polos actores Octavi Pujades e Camila Bossa e conta ademais coa aparición doutras caras moi coñecidas do mundo audiovisual galego como Luis Iglesia ou María Mera. Acción e intriga garantizadas nesta estrea que terá lugar ás 20:30 no Auditorio de Mondoñedo.
As entradas terán un prezo de 2 euros e poderán adquirirse ese mesmo día no auditorio ou anticipadamente nos bares ‘O Porriño’ e ‘O Rincón’ de Mondoñedo.

Por outra banda, O Pasatempo bota a vista atrás no tempo para recoller a historia do fútbol en Mondoñedo a través de imaxes. A exposición “A Historia do Fútbol en Mondoñedo” poderase visitar na Casa da Cultura durante dúas fins de semana, os días 22, 23 e 24 e os días  29, 30 e 31 en horario de 11 a 13 horas pola mañá e de 16 a 19 horas pola tarde. Arredor dun cento de fotografías retratan o paso a paixón polo fútbol na cidade mindoniense, dende os anos vinte ata a actualidade.
No primeiro momento recórdanse as formacións esporádicas dun equipo que participaba en festas e torneos e que chegou a converterse no actual clube de fútbol estable da actualidade, con categorías inferiores e participación na liga regular.
A entrada a esta exposición é gratuíta e permite facer un recorrido histórico por rostros coñecidos e recordos compartidos por todos, non só en Mondoñedo, senón no resto da Mariña.

Convidámolos a todos a achegarse e compartir con nós tódalas actividades que O Pasatempo preparou para este Nadal.


Cortometrajes

Fútbol



+ INFORMACIÓN:

- “Mr Smith & Mrs Wesson” http://smithwesson-shortfilm.com/

CURTAS:

- “Ferro Ardendo”. No monte Campo do Oso existen uns gandeiros que teñen unhas 450 reses de gando cabalar salvaxe. Tódolos últimos domingos do mes de Xuño, dende o 1968, ten lugar a Rapa das Bestas, unha tradición ancestral que se vai pasando de xeración en xeración sen perder a esencia  da loita entre o home e o cabalo salvaxe.
- “Para Mariñeiros nós”. Pinto e Cobiñas, na súa xornada de pesca  contan cun invitado de excelencia, Ricardito, que nunca fixo nada da súa vida e quere comezar  a facer algo útil, tarefa que non será nada sinxela.  
- “Paixón por Ferrol”. Curta documental que amosa como son os últimos preparativos das cofradías que fan posible  a Semana Santa ferrolana.
- “La increíble historia de Macareno y la puta milagrosa”. Nada é o que parece. Nin Macareno é un desalmado proxeneta nin La Sanita é una prostituta calquera. Os dous vivirán, rodeados de extrañas personaxes unha aventura que romperá os límites do real e o imaxinario.  
- “Houston”. Amizade, amor e  enfermidade, tódolos ingredientes necesarios para un final  non moi feliz.
- “Sin Plomo”. Cinco personaxes vense envoltos nunha situación extrema: un atraco a unha gasolineira no que cada un deles descubrirá algo sobre sí mesmo.
- “Pantin Classic”. Unha visión obxectiva  de cómo se desenvolve o campionato domundo de surf na praia de Pantín.
- “X Nada”. Roi e os seus amigos practican un xogo moi especial, unha forma de divertirse peculiar e bastante violenta. Este macabro xogo vainos unir para sempre a Dani, que tivo a mala sorte de estar no lugar e momento inadecuados.
- “Lugnasad. Unha noite máxica”. O documental conta con varias partes, nas que se recolle a orixe desta celebración, a festa en si con especial énfase no entorno, o Coto da Auruxeira en Bretoña. Tamén se fala da celebración das vodas celtas na Pedra dos Namorados e cóntanse anécdotas dos 15 años de historia e a opinión de membros da asociación organizadora sobre o futuro que lle espera a esta cita.

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net