Como todos los años, desde la Asociación Cultural O Pasatempo quieren celebrar la llegada de la primavera con una jornada de actividades para pequeños y mayores que tendrán lugar el próximo sábado día 20 de abril en Mondoñedo.

NOTA DE PRENSA

A partir das 11 da mañá na Alameda dos Remedios de Mondoñedo inicianse as actividades para nenos e nenas de tódalas idades con globoflexia e pintura facial.
Dende as 11:30 comezarán a celebraranse as carreiras infantís coa colaboración do técnico de deportes do concello Raúl González-Redondo. Haberá varias tandas de participantes divididos por idades.
Finalmente arredor das 13:00 plantarase a árbore na mesma Alameda acompañando o acto con música e un recital de poemas relacionados coa natureza que os propios rapaces lerán. Ademais, durante toda a mañá estarán expostos os debuxos participantes no II Concurso de Debuxo da Árbore.

Xa pola tarde seguirá a xornada con unha charla – coloquio sobre o consumo responsable, o comercio xusto e o cooperativismo. Será no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 16:30 da tarde. Van intervir Xulio Rodríguez, membro de Labregos de Lugo – Mondoñedo; Ángel Fernández da Gandería Lina SC de Trabada; José López e Jorge Freire, membros de Cova da Terra – Lugo e Eva Roca, de Amodiño Tenda-bar de Ribadeo. Tódolos asistentes poderán realizar preguntas e participar se así o desexan, xa que o obxectivo desta actividade é coñecer a realidade arredor da agricultura e gandería na comarca e as novas tendencias do sector a través das experiencias dos poñentes e público.

Organiza: Asoc. Cultural O Pasatempo
Colabora: Concello de Mondoñedo