El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
33608714 visitas
 
V Maratón de Fútbol Sala O Pasatempo
27 / 04 / 2013 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Fútbol salaDespois de catro anos organizando este torneo, a Asociación Cultural "O Pasatempo" convoca unha nova edición para a primeira fin de semana do mes de xuño. Os días 7, 8 e 9 o pavillón de Mondoñedo acollerá de novo a equipos da comarca e outras provincias.
Haberá premios en metálico e trofeos para os mellores equipos do torneo, para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais.
Máis información entrando en ler máis.

NOTA DE PRENSA

A Asociación Cultural "O Pasatempo" convoca unha nova edición do maratón de verán de fútbol sala para a primeira fin de semana do mes de xuño.
Nesta edición os premios serán os seguintes:
- 1º clasificado 1.500 € + trofeo
- 2º clasificado 600 € + trofeo
- 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo
- Mellor equipo local 100 € +trofeo

Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca.

A data límite para inscribirse será o 5 de xuño, con un máximo de 24 equipos participantes. O sorteo de grupos e horarios realizarase esa mesma semana. O prezo de inscrición por equipo é de 100 €, a mesma contía que nos anos anteriores.
Tódolos partidos contarán con árbitros federados e para os equipos que o precisen haberá descontos no aloxamento durante a fin de semana. Tamén se habilitará unha zona de acampada para aqueles que o prefiran.
Para máis información e inscricións, os equipos interesados poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 630314749 - 651958770 (tamén por whatsapp).
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2021 Mondoñedo en www.mondonedo.net