Fútbol salaDespués de cuatro años organizando este torneo, la Asociación Cultural "O Pasatempo" convoca una nueva edición para los días 7, 8 y 9 de junio en el pabellón de Mondoñedo.
La fecha límite de inscripción es el 4 de junio. En el momento de redacción de esta noticia solamente quedaban 6 plazas libres para participar.
Recordamos que habrá premios para los mejores equipos del torneo, para el mejor jugador, mejor portero y máximo goleador.
Más información y cartel entrando en leer más.

 

NOTA DE PRENSA

Quedan tan só seis prazas libres para particiar no V Marathon de fútbol sala O Pasatempo.

A falta de algo menos de dúas semanas para a celebración da quinta edición do torneo de fútbol sala O Pasatempo, son xa varios os equipos anotados para participar. Quedan seis prazas máis por cubrir e o prazo de inscrición segue aberto. Recordamos que o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Mondoñedo os días 7, 8 e 9 de xuño, cando xogadores da comarca da Mariña, o resto da
provincia de Lugo e outros lugares como Asturias ou A Coruña poñerán o balón a rodar un ano máis.

A data límite para rexistrarse será o 5 de xuño, con un máximo de 24 equipos participantes. O sorteo de grupos e horarios realizarase esa mesma semana. O prezo de inscrición por equipo é de 100 €, a mesma contía que nos anos anteriores. Tódolos partidos contarán con árbitros federados e para os equipos que o precisen haberá descontos no aloxamento durante a fin de semana. Tamén se habilitará unha zona de acampada para aqueles que o prefiran.

Nesta edición os premios serán os seguintes:
- 1º clasificado 1.500 € + trofeo
- 2º clasificado 600 € + trofeo
- 3º e 4º clasificado 200 € +trofeo
- Mellor equipo local 100 € +trofeo

Haberá ademais trofeos para o mellor xogador, o mellor porteiro e o máximo goleador. Tódolos trofeos son artesanais e orixinais, realizados por artesáns mindonienses e da comarca.
Para máis información e inscricións, os equipos interesados poden dirixirse ós seguintes números de teléfono: 630314749 - 651958770 (tamén por whatsapp).

 

Cartel