As San LucasA cidade de Mondoñedo celebrou este venres a 857 edición da feira de gando cabalar.
“Un ano máis houbo éxito de publico e tamén de cabezas de gando, e hoxe repartimos máis de 5.000 euros en premios”, sinalou Miguel Souto, presidente da Comisión de Festas das San Lucas. Relatou, ademáis, que participaron na feira máis de 1000 cabezas de gando.
Tamén neste día festivo, repartíronse os premios do tradicional concurso de gando. Os máis destacados foron para Luciano García polo maior numero de cabezas de gando (850 euros) e o segundo premio para Amancio Ares (550 euros).
Xa pola tarde, tivo lugar o concurso de andadura galega. Celebrado no recinto na Granxa (debido ó mal tempo) con moito éxito de publico. Ademáis este ano repartíronse 440 euros en premios. As fotografías de As San Lucas 2013 están dispoñibles no seguinte enlace.