El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22768978 visitas
 
Evento aplazado sen data - II xornada de curtas "O Pasatempo"
22 / 01 / 2014 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Evento aplazado por motivo do falecemento do presidente da asociación.
Na primeira fin de semana de febreiro (31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro), a asociación O Pasatempo celebrará a “II Xornada de curtametraxes O Pasatempo” para novos creadores, complementada cuns videos recopilatorios da cidade de Mondoñedo.
Asistir a calquera destas proxeccións será gratuíto.
Por unha banda, ponse en marcha a “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” que se desenvolverá o sábado 1 de febreiro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo a partir das 7:30 da tarde. Nesta xornada proxectaranse varias curtametraxes, de entre 5 e 22 minutos, sobre diferentes temáticas. Os proxectos audiovisuais están realizados por Gaitafilmes e Producciones de fin de semana; xoves creadores de Mondoñedo, Meira e outros lugares de Galicia. Éste sábado poderase ver “Simón”, “O Paquete”, “A Porta” e “Dous días dicen”, obras de Gaitafilmes; o documental “XV Mercado medieval de Alfoz” de Producciones de fin de semana; e “Bos días” e “Sálvame!”. Cabe destacar a presenza de varios membros de Gaitafilmes, que farán unha breve charla das súas curtas  nesta II Xornada, asi como da primeira longametraxe “Dhogs” que están a preparar.
Complementando esta “II Xornada de Curtametraxes O Pasatempo” e tamen no Salón de Actos da Casa da Cultura de Mondoñedo, o venres 31 de xaneiro ás 8 da tarde proxectarase o video “Calquera día en Mondoñedo...”parte 1, e o domingo 2 de febreiro ás 5 da tarde e ás 6:30 da tarde “Calquera día en Mondoñedo...”parte 2 e 3, videos de creación propia da Asociación Cultural O Pasatempo (autor: José Luis Fernández “Keno”) e no que se recompilan de forma moi amena diversos videos da historia mindoniense, principalmente da década dos ´90  e 2000, incluindo algún da decada dos ´50 recuperados do NODO.
 
Convidámolos a todos a achegarse e compartir con nós as actividades que O Pasatempo preparou para este primeiro fin de semana de febreiro.


+ INFORMACIÓN:

Simón (2007)

Sinopse: Simón é diferente ós demais, case non ten amigos e dende pequeno vive atemorizado. O seu avó sempre lle dicía: “algún día alguén virá... virá e levaravos a todos, tan só se salvará aquel que permaneza baixo a auga Simón, baixo a auga...”.

Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: II Premio no Certame Audiovisual da Universidade de Vigo.


O Paquete (2009)

Sinopse: A comezos dos anos setenta, nunha pequena fronteira no medio de ningures, un rapaz portugués transporta día tras día un misterioso paquete cara o outro lado da fronteira.
 
Produción: Andrés Goteira, Suso López e Adrián Folgueira.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: Premio á mellor curta de ficción no festival CURTANAREDE’09. Nomeado a mellor dirección e mellor montaxe.


A Porta (2010)

Sinopse: No sepulcral silencio da madrugada escóitanse golpes na porta dunha casa illada, o medo, a preocupación e a intriga apodéranse do seu habitante mentres unha estraña visita o leva a unha desconcertante situación.
 
Produción: Andrés Goteira, Suso López, Laura Doval e Ana García.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: Premios á mellor curta, mellor curta en galego e mellor actor de ATODAMECHA en OFESTIVALON’10. Finalista no Liceo Casino Xacobeo’10 do Curtasfilmfest de Vilagarcía.


DOUS/DÍAS/DICEN (2010)

Sinopse: unha tenra e triste historia de amor que nos ensina que nunca é tarde para cumprir un soño.

Produción: Andrés Goteira, Adrián Folgueira e Laura Doval.

Dirección: Andrés Goteira.

Premios: gañador do Premio Lugo10 no I Concurso de Curtas e Maquetas da Fundación TIC.



XV MERCADO MEDIEVAL ALFOZ

Sinopse: Nun lugar chamado Alfoz, na terceira semana de Xullo, o Castro envolve coa súa maxia un exército de privilegiados. Veciños unidos por un soño: “Facernos ver cos ollos abertos aquelo que imaginamos con eles pechados…”

Produción: Producciones de fin de semana

Dirección: Miguel García Fernández e Álvaro Liste Fernández.

Imaxes aéreas: Garacopter



SÁLVAME!

Sinopse: Manuel é un home que ten dúas soidades. A soidade persoal e a soidade do artista (é un escritor mediocre). E, de repente, aparece ELA. “Sálvame!” non é unha historia de amor e desamor, son dúas historias de amor e desamor. A historia de un home e unha muller; e a dun escritor e o seu personaxe.

Produción: Jorge C. Dorado e Jesús De La Vega

Dirección: Javier Veiga.



BOS DÍAS

Sinopse: Ramón é un broker de bolsa moi particular ao que só o motivan dúas cousas, o sexo e os cartos.

Produción: Dani de la Torre.

Dirección: Dani de la Torre.

Premios: Premio ao mellor actor no festival de Cans (prov. Pontevedra, 2006). Premio á mellor curta en video na VIII Mostra de Curtas de Noia (2006).
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net