El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
33612360 visitas
 
O Grupo Literario “Leiras Pulpeiro” presentouse o venres en Mondoñedo
02 / 03 / 2014 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Grupo Literario Leiras PulpeiroAlonso Montero, Franco Grande e dúas netas do poeta serán membros de honra do colectivo.
O salón de actos da Casa da Xuventude de Mondoñedo acolleu no serán do pasado venres a presentación do GLLP. Entre o público atopábanse dúas netas de Manuel Leiras Pulpeiro, Maricarmen e Josefina que, xunto co editor do médico e poeta Xosé Luís Franco Grande e o presidente da Real Academia Galega serán nomeados membros de honra do colectivo literario. Tamén asistiu ao evento un bisneto de Leiras.

No transcurso do acto os coordinadores do GLLP, Julia María Labrador e Fran Bouso comentaron como xurdiu a idea para a súa creación e os obxectivos do mesmo entre os que destaca o estudio da vida e a obra de Leiras e a súa divulgación.

O acto tivo un apartado musical moi destacado. O profesor e músico César Morán presentou novos temas musicais inéditos compostos a partir de versos do poeta mindoniense e tamén interpretou “Roseiras de rosas roxas”, "o imno do grupo", como comentou Fran Bouso. Morán estivo acompañado na súa actuación pola violinista mindoniense Rebeca Maseda que tamén forma parte do GLLP. A Coral “Mestre Pacheco”, dirixida por Xulia Nogueira, estreou cinco pezas compostas por Xan Carballal a partir de poemas de Leiras. O coro contou co acompañamento instrumental de zanfona, acordeón e arpa.

O catedrático de lingua e literatura galegas, Ramón Reimunde Noreña foi o encargado de facer unha semblanza do escritor.

O acto comezou coa proxección dun video elaborado por Fran Bouso no que se facía un repaso ás actividades realizadas ao longo do ano pasado.

Novos membros

As seis e media da tarde no Cemiterio Vello de Mondoñedo “asinaron en branco” sobre a tumba de Leiras Pulpeiro os novos integrantes do colectivo. Trátase do profesor de filosofía Miguel Freire Sánchez, a xornalista Soledad Michelena e o arqueólogo Abel Vigo.

Actividades previstas

Ademais das xa anunciadas presentacións do Grupo en Lugo, o 14 de marzo e tres días máis tarde na Casa de Galicia en Madrid, anunciaron que están en contacto con diferentes organizacións mindonienses para realizar actividades culturais e literarias. Unha delas, en colaboración coa Comisión de As Quendas e As San Lucas será un programa denominado “Mondoñedo é poesía” no que participarán diferentes poetas galegos que recitarán os seus versos polas rúas e prazas de Mondoñedo durante as As Quendas deste ano.

Grupo Literario Leiras Pulpeiro
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2021 Mondoñedo en www.mondonedo.net