Cada vez son máis os peregrinos e colectivos que se interesan pola variante costeira do Camiño a Santiago ao seu paso pola comarca de A Mariña. Nesta ocasión arredor de 120 persoas vinculadas á obra social do colexio Panjón, de Granada percorrerán este trazado os vindeiros días 13 e 14 de abril.

Esta previsto que os peregrinos cheguen a Ribadeo para pernoctar en diferentes establecementos de hostalería da localidade o día 12, logo de a etapa que ese mesmo día iniciarán en La Caridad.

Ao día seguinte partirán de Ribadeo con destino a Foz pasando por Rinlo, a Praia das Catedrais e outros enclaves do concello de Barreiros e Foz entre os que cabe subliñar a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, onde serán recibidos por membros da Corporación Municipal focega. Os caminantes farán unha visita guiada ao templo. Ese día farán noite en Foz, onde xa teñen reservado aloxamentos en varios hoteis da vila.

O luns, 14 iniciarán o camiño en San Martiño para chegar a Mondoñedo pasando por A Hermida, Alfoz, Oirán, Masma e Viloalle. A expedición aprobeitará para facer un percorrido pola parte non urbana do roteiro turítico-literaio “Leiras Pulpeiro” e visitar a área paisaxística de A Fervenza e coñecer as pozas e fervenzas que vai deixando ao seu paso o rio Tronceda, así como lugares pintorescos de especial atractivo como os que se poden divisar desde a Ponte dos Carabullos.

En Mondoñedo visitarán o Centro de Interpretación do Camiño Norte a donde teñen previsto chegar ás seis da tarde e ser recibidos por representantes do Concello de Mondoñedo.

En Mondoñedo concertaron estadía en hoteis e casas rurais.

Ao día seguinte continuarán o Camiño cara a Terra Chá.