El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22778411 visitas
 
I Xornadas de análise e alternativas do BNG no contexto social e económico actual
08 / 04 / 2014 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
BNG MondoñedoNOTA DE PRENSA
Representantes orgánicos e institucionais do BNG en Mondoñedo e na Mariña presentaron o 7 de marzo as “I XORNADAS DE ANÁLISE E ALTERNATIVAS DO BNG NO CONTEXTO SOCIAL E ECONÓMICO ACTUAL”.
Nesta xornada, aberta á cidadanía, preténdese analizar en tres bloques temáticos a situación de degradación dos servizos públicos – sanidade, ensino e servizos sociais - , o impacto en Galiza do modelo social e económico europeo, e a Reforma da Administración Local recentemente aprobada polo goberno do Estado, os seus efectos sobre a capacidade de prestación de servizos polos concellos, o desenvolvemento local e a participación cidadá no ámbito local.
A xornada celebrarase o próximo sábado, 12 de abril entre as 10:30 e as 14:00 hrs. no Salón de Actos do Centro Comarcal de Mondoñedo e pretende, nun formato dinámico e participativo, abrir un diálogo coa sociedade a respecto das temáticas tratadas.
Nas mesas, divididas en tres bloques, participarán persoas vinculadas pola súa actividade, profesional, sindical, política ou social aos temas a tratar, dándolle participación ao público asistente para abrir o diálogo arredor dos asuntos tratados.
A xornada, organizada polo BNG en Mondoñedo e a propia organización comarcal, tratará a situación de degradación dos servizos públicos en xeral, asfixiados pola doutrina da austeridade impulsada polos gobernos galego e estatal que seguen ao ditado as instrucións da Troika, nun proceso planificado de destrución do estado social, para entregar en mans de intereses privados dereitos básicos e fundamentais como o ensino, a sanidade ou os servizos sociais.
En relación ao modelo europeo, o BNG mantivo historicamente unha postura crítica que o tempo veu demostrando como acertada. Unha UE, antes CEE, que se constrúe ao marxe da sociedade, na que os ámbitos de decisión non son democráticos e mesmo se sitúan fora da propia UE – Troika - , na que Galiza non conta con capacidade para defender ou decidir sobre os seus principais recursos produtivos e mesmo acude sen titubeos aos rescate dos organismos financeiros e grandes corporacións empresariais mentres asfixia ás maiorías sociais recortando dereitos laborais, sociais e servizos públicos, non pode contar co apoio do BNG que combaterá socialmente e coa representación no parlamento europeo este modelo.
Na xornada tamén se tratará a recentemente aprobada, Reforma da Administración Local, como unha ferramenta de centralización e control político que elimina a posibilidade da administración mais próxima á cidadanía – os concellos – de prestar servizos esenciais. Como exemplo contrario porase sobre a mesa , con exemplos prácticos, a capacidade dos concellos para poñer en marcha proxectos de desenvolvemento local, participativos e útiles no campo económico e de xeración emprego.
Na xornada estará formada polas seguintes mesas e ponencias:

I XORNADAS DE ANÁLISE E ALTERNATIVAS DO BNG NO CONTEXTO SOCIAL E ECONÓMICO ACTUAL
Mondoñedo, 12 de abril de 2014.

Salón de Actos do Centro Comarcal
10:55 h. - Saúda do alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz.
11:00 h. – “Os servizos Públicos como ben imprescindíbel nunha sociedade xusta e desenvolvida ”
Presenta e modera: Eloi Cabanas – Responsábel local do BNG en Mondoñedo
• A degradación da sanidade pública como fin para a súa privatización.
Víctor Vila – Membro da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña.
Montse Prado Cores  –  Deputada no Parlamento Galego para asuntos sanitarios
• O ensino público como garantía de desenvolvemento social.
Elvira Lombao Vila  – Plataforma Galega na Defensa do Ensino Público
• Servizos Sociais públicos
Xosé Igrexas García  - Concelleiro en Melide, ex - Técnico de Coordinación do 2º Plan Galego de Inclusión Social.
11:45 h. Coloquio
12:00 h. O impacto en Galiza do modelo económico e social da UE e o soberanismo como alternativa.
Presenta e modera : Ana Ermida Igrexas – Responsábel Comarcal do BNG na Mariña
Bernardo Valdés : Profesor de Economía aplicada da USC no Campus de Lugo
Ana Miranda Paz: Eurodeputada e candidata do BNG ao Parlamento Europeo
12:45 h. Coloquio
13:00 h. Alternativas de desenvolvemento local e participación cidadá nos concellos galegos. Reforma da Administración Local, ruína para a cidadanía.
Xusto Fernández Haro – 2º Tte. de Alcalde de Mondoñedo
Francisco García Suárez – Alcalde de Allariz
13:45 h. Coloquio
14:00 h. Conclusións e peche: Orlando González Cruz: Alcalde de Mondoñedo.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net