As QuendasA tradicional feira das Quendas que se celebrou na cidade de Mondoñedo, “estase convertendo nun autentico referente nas celebracións festivas da Mariña de Lugo”. Así o expuxo Miguel Souto, Presidente da Comisión Organizadora das mesmas “estamos gratamente sorprendidos do éxito de publico e a boa acollida por parte de tódolos mindonienses e de tódolos participantes nas actividades programadas este ano”, dixo.
O pasado dia 1 de maio, coincidindo co día grande das feiras e festas, celebrouse o roteiro poético polas rúas da cidade “un auténtico espectáculo cultural das palabras en estado puro, ademais, nun marco incomparable como Mondoñedo”, relatou Souto “un evento que seguro que terá continuidade en vindeiras edicións”.  
Por outra banda, os membros da concentración das caravanas que visitaron este ano As Quendas foron mais de 50, e foron recibidos no Concello de Mondoñedo polas Autoridades.
A cantante asturiana Paula Rojo (Oviedo, 1990), presentou nas Quendas o seu álbum debut "Érase un sueño". Con esta actuación púxose o broche de ouro ás xornadas festivas.

As Quendas

As Quendas

As Quendas

As Quendas