El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22794107 visitas
 
A Pastoriza un mar verde. Novo documental de Miguel García
30 / 05 / 2014 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
DocumentalO documental preséntase este sábado, dia 31, ás 22:00 horas na casa da Cultura. O vídeo está protagonizado polo actor Alberte Cabarcos, que é quen leva o fío narrador da historia que se presenta, e que axúdanos a descubrir os encantos e lugares insólitos da Pastoriza.
Ademáis, hai que resaltar outro papel fundamental desta peza que esta protagonizado polo escritor Carlos Reigosa “xa que vai desgranando a súa visión de como foi cambiando A Pastoriza co paso do tempo”
Na presentación interveñen o Alcalde de Pastoriza, Primitivo Iglesias, o director Miguel García, o actor Alberte Cabarcos e o escritor Carlos Reigosa.

NOTA DE PRENSA

Mondoñedo, 28 de maio de 2014. O realizador mindoniense Miguel García esta de estrea novamente, xa que esta mesma semana, o sábado día 31, presenta na Casa da Cultura de Pastoriza ás 22:00 horas un novo filme, A Pastoriza un mar verde. Na presentación interveñen o Alcalde de Pastoriza, Primitivo Iglesias, o director Miguel García, o actor Alberte Cabarcos e o escritor Carlos Reigosa.

Segundo explica Miguel García “este novo traballo é un video publicitario de Pastoriza, pero con formato de película”. O realizador mindoniense define esta cinta como “un video totalmente innovador, tanto polo xeito de narralo contido e tamén polo súa finalidade”, xa que resalta ademáis que contén “toques de humor.”

A finalidade deste traballo filmográfico “é dar a coñecer e poñer en valor os recunchos mais bonitos de Galicia”, relata García. Sinala ademáis que a nosa comunidade “non necesitan grandes praias, para poder atraer visitantes e turistas, xa que existen moitas outras cousas moi interesantes que non valoramos nin nos damos conta de que existen”, como neste caso sucede co concello lucense de A Pastoriza.

O video está protagonizado polo actor Alberte Cabarcos, que é quen leva o fío narrador da historia que se nos presenta, e que ao mesmo tempo axúdanos a descubrir os encantos e lugares insólitos da PASTORIZA.

Ademáis hai que resaltar outro papel fundamental desta peza  que esta protagonizado polo escritor Carlos Reigosa “xa que vai desgranando a súa visión de como foi cambiando A Pastoriza co paso do tempo”. Tamén hai outra entrevista ao queixeiro local Francisco López de Casa Anxel

Na cinta pode verse a Praia Fluvial de Baltar, o nacemento do río Miño, Campo do Oso, rutas de montan bike ou o Museo de Villapol, entre outros lugares.

Para realizar este traballo participaron máis de 30 persoas, e fixeron falla 2 cámaras e un optocopter. As imaxes foron gravadas no ano 2012 e a duración do mesmo é de 25 minutos.

PARA MÁIS INFORMACIÓN MIGUEL GARCIA: 639 021 130

 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net