Os Remedios 2014A cidade de Mondoñedo acolle dende o dia de 12 de setembro ata o dia 15 a festividade dos Remedios, patrona da localidade.
A ofrenda, que se realiza o domingo día 14, este ano correspóndelle ao concello de Ribadeo e encabezara a comitiva o alcalde Fernando Súarez. Ás 11.30 horas saen da Casa do Concello cara ao Santuario de Nosa Señora dos Remedios, acompañada da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A Misa será cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo. Seguidamente terá lugar a procesión. Ás 14.15. horas; Concerto da Banda de Música de Ribadeo na Praza do Concello (en caso de choiva terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga).

O programa de festas inclue actuación das orquestras como Fenix, Atenas, Matinee, Alarma, Triunfo e Samba. Ademais, actuará a banda de música e a coral polifónica Ribadeo. Haberá unha nova edición dos cantos de Taberna, o sabado día 13, que percorreran os bares da cidade, organizado pola ACIAM.
E como pincelada deportiva celébrase, o sabado día 13, a II carreira popular dos Remedios, a saída será dende a Alameda dos Remedios. A inscrición é gratuita. Para máis información:
http://carreiraosremedios2014.blogspot.com.es ou ben no número de teléfono 605790091.
Ademais o domingo xogarán un partido de futbol no Campo Viñas da Veiga de 2ª Autonómica entre os equipos Mondoñedo F. C e o Goiriz.  E as 18.00 horas disputarase tamén o I Torneo “Os Remedios baloncesto de base”. Pavillón Municipal de Deportes. Entrada de balde.
No eido cultural haberá teatro, o sábado dia 13 ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga, a cargo da Asociación de persoas con discapacidade intelectual PRODEME de Monforte representará a obra de teatro “A cidade non é para min”.

Os Remedios 2014

Luns dia 15. Día do neno con barracas con desconto
Para rematar as festas o luns dia 15 de setembro hai MISA DE COFRADES no Santuario de Nosa Señora dos Remedios. Sesión Vermú co Grupo SAMBA.
E xa pola tarde, a partir das 17.00 horas; Día no Neno nas barracas na Alameda. Os rapaces e rapazas poderán disfrutar dunha xornada na que haberá unha reducción da entrada das atraccións da Alameda.
Ás 19.00 horas; Mircromina títeres presenta “Vacacións no mar” no Auditorio Municipal Pascual Veiga. E rematan as festas a Verbena a cargo do Grupo SAMBA.