As San LucasO concerto de fin de xira do músico bilbaino Kepa Junkera, a homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela, a chegada tradicional dos cabalos á Praza da Catedral e un espectáculo musical realizado por mindonienses, Voces da Paula, son os protagonistas das San Lucas 2014 de Mondoñedo.
As festas comezarán o xoves 16 co pregón do profesor Antón Meilán, estudoso do Mariscal Pardo de Cela.
Para máis información e consultar o programa completo entrar no seguinte enlace.

VER PROGRAMA COMPLETO >> AQUÍ


NOTA DE PRENSA

Mondoñedo, 8 de outubro. O concerto de fin de xira do músico bilbaino Kepa Junkera, a homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela, a chegada tradicional dos cabalos á Praza da Catedral e o espectáculo musical realizado por mindonienses, Voces da Paula, son os protagonistas das San Lucas 2014 de Mondoñedo.

As San Lucas unha das feiras máis de España e de Europa, datan do ano 1156, celebran este ano a súa 858 edición, arrancan este ano o xoves día 16 coa recepción oficial na Casa da Concello, do pregoeiro e autoridades. Ás 20.00 h. Ofrenda Floral ante a tumba do Mariscal Pardo de Cela na Catedral.

No Auditorio Municipal Pascual Veiga, terá lugar unha lectura dramatizada da obra “PEDRO E CONSTANZA” que narra as derradeiras horas do Mariscal coa súa filla Constanza, en homenaxe ao Mariscal Pardo de Cela. Escrita, dirixida e interpretada polo actor e director teatral, Manuel Lourenzo. Codirixida por Xosé Martínez e coa interpretación de Bego Lomba. A continuación, terá lugar o PREGÓN das Festas a cargo do mindoniense Antonio J. Meilán García, Licenciado en Filoloxía Románica, Profesor Titular de Lingua Española na Universidade de Oviedo, autor, entre outros, dos libros  “O Mito do Mariscal Pardo de Cela: historia , lendas e literatura”; “O Último ano do Mariscal Pedro Pardo de Cela: O cerco e a traizón da frouseira”.

O venres 17 de outubro ten lugar a tradicional chegada dos cabalos polas rúas da cidade, ata feira, e pasarán pola praza da Catedral de Mondoñedo. Este ano a Comisión de festas preparou un espectaculo especial, en colaboración coa Fundación TIC, xa que será retransmitida a través dunha pantalla xigante situada na Praza da Catedral. Os gandeiros xuntan os cabalos que estiveron todo ano  pacendo nos montes  da comarca e nunha manada tráenos para a feira. Ás 18.40h é a hora prevista do paso dos cabalos pola Praza da Catedral.
(Preferentes lugares para ver o espectáculo: Ponte do Pasatempo, Os  Muíños, Rúa San Roque, Fonte Vella, Praza da Catedral, diante do Auditorio Municipal e chegada ao Campo da Feira)

Xa pola noite a Praza da Catedral será o escenario da Gran Festa da Mocidade Fin da Xira oficial EME MUSIC-RADIO LÍDER con Marcos Magán, DJ Sonic e DJ Charlie.

As San Lucas


O sábado día 18 de outubro comenzan as feiras a  partir das 8.00 h. “GRAN FEIRA TRADICIONAL DE GANDO CABALAR AS SAN LUCAS”, no Campo da Feira. Ademais o concello acolle a Recepción oficial no salón de Plenos á Corporación do Excmo. Concello de Ferrol con motivo do Acto de Irmanamento. Ás 12.30 h. Presentación do novo libro do escritor e xornalista Ramón Loureiro “La Oruga en el Bosque Creciente” con ilustracións de Antonio Seijas. Ás 13.30 h. ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE GANDO no Campo da Feira.

Xa pola tarde, ás 16.30 h, comeza o ENCONTRO FOLCLÓRICO polas principais rúas de Mondoñedo, coas seguintes agrupacións: “ARCO DA VELLA” de San Miguel;“A.C. OSORIO GUTIÉRREZ” de Lourenzá; “ANTARUXAS E SORTEIROS” de A Fonsagrada” e a “BANDA DE GAITES DE CORVERA”. Confluíndo na Praza da Catedral, onde todos os grupos realizarán unha actuación.

Ademais haberá carreiras de andadura galega serrada e chapeada no Recinto de A Granxa. E ás 20.30 h. monólogo a cargo do actor e humorista “DAVID AMOR” no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Entrada 3€

A actuación estelar deste día corre a cargo do músico bilbaino KEPA JUNKERA que celebra na cidade de Alvaro Cunqueiro a súa fin de xira, e donde presentará o seu último traballo “Galiza”, un traballo espectacular en tódolos sentidos. A cita é ás 23.00 h. na Praza da Catedral. Entrada de balde.

Para o domingo día 19 de outubro, o protagonista é o cabalo. Haberá CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS DE  PURA RAZA GALEGA: “GRAN FINAL DA COPA GALICIA P.R.G.”. (Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega). Coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego. Campo da Feira.

Ás 17.00 h. No recinto de A Granxa, ESPECTÁCULO DE DOMA CON CABALO DE PURA RAZA GALEGA “GALICIA UN SOÑO A CABALO”. Ás 18.15 h. III CONCURSO DE CABALOS TROTÓNS “As San Lucas”.

A comisión de festas das San Lucas ten preprado mais de 7.000 euros en premios para a feira de gando e os concursos que se desenrolan nestas feiras.

A cita musical do dia corre a cargo do cantante revelación 2014, PABLO LÓPEZ, presentando o disco “11 historias e un piano”. Auditorio Municipal Pascual Veiga. Venda electrónica de entradas: http://entradas.abanca.com

Para pechar as San Lucas o luns día 20 de terá lugar un espectáculo musical moi especial. Ás 22.00 h. A GALA “VOCES DA PAULA”,  feita por mindonienses, na Alameda dos Remedios.


Cartel