El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22774851 visitas
 
Amosar o noso agradecemento
29 / 10 / 2014 > Con voz propia Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Fai unha semana remataba a 858 edición das Feiras das San Lucas, unha nova edición das que son as feiras máis antigas de Galicia, e das que os mindonienses nos temos que sentir moi orgullosos porque, sen dúbida, son un dos nosos tesouros.
Como presidente da Asociación organizadora das feiras e festas das San Lucas e, polo tanto, no meu nome e no de todos os que conformamos esta asociación, queremos agradecer o traballo de todos e cada un dos que fixeron posible esta nova edición. Consideramos imprescindible trasladar a nosa gratitude a todas as institucións colaboradoras, a todos os participantes das actividades que se desenvolveron, así como a todos os visitantes, que se achegaron a Mondoñedo, desfrutaron, consumiron e mercaron. Tampouco nos podemos esquecer dos veciños, que conviviron e transixiron cos típicos trastornos que xera a organización dun evento destas características, e, nin tampouco e, sobre todo, dos que traballaron de xeito comprometido e desinteresado, para que esta edición fose un éxito.
Somos conscientes de que sempre hai cousas que mellorar e de seguro erros que emendar pero, non podemos ocultar unha certa tranquilidade, despois do esforzo realizado e tendo en conta os obxectivos acadados. Moitos negocios da nosa localidade transmitíronnos un bo balance económico desta semana de feira e, para nos, para a organización, sen dúbida é unha das razóns máis importantes polas que traballamos: que estas feiras xeren riqueza na nosa localidade.
Este ano queremos trasladar un agradecemento especial aos medios de comunicación, que,  dentro da súa programación,  ofertaron, cun protagonismo destacado, a promoción das actividades desta 858 edición das San Lucas.
Entre todos acadamos que un ano máis, “a cidade tivese un oficial a soldo que, aveciñándose as San Lucas – as nosas feiras máis antigas- saíse polas rúas e prazas a decretar o exilio do silencio e dispor comunal asento á algarabía feirante…”. Así o dicía Cunqueiro alá polo ano 1956, no seu artigo “Á feira en Mondoñedo”.
Agradecidos, de corazón, e convidándovos… deica as San Lucas do ano que vén, onde seguiremos mesturando a nosa cultura e a nosa tradición e onde o importante é a maxia de poder vivilo e contalo. Convidados quedades ás San Lucas do 2015, á Gran Feira en Mondoñedo.
“A cunca do val de outono, do ouro e da madurez do outono, como unha cunca de barro énchese de viño. Só por ver dende o alto a Mondoñedo entre o ouro e o verde de outubre e oir o rumor que sube do feiral: como o rumor do mar”. Álvaro Cunqueiro: Á Feira en Mondoñedo… Merece a pena.


MIGUEL SOUTO - Presidente da Asociación As San Lucas


NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR. Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a: Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla  
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net