El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Hai 3 visitantes en liña
Contador
28071832 visitas
 
A casa de Cunqueiro vendida a particulares
26 / 02 / 2007 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Álvaro CunqueiroA venda da casa natal de Álvaro Cunqueiro deixa a Mondoñedo sen un importante legado cultural. Ademáis, complícase a idea do Concello de convertirla nun museo sobre a figura dun dos máis célebres escritores de Galicia, que tamén serviría como impulso turístico para a zona.
O Alcalde, Luis Rego, denuncia a pasividade da Xunta co noso municipio e ofrécese a intentar recuperar o inmoble. A administración autonómica permitiu que uns particulares se adiantaran na compra da casa de Cunqueiro. Máis información en ler máis.


A adquisición da casa de Cunqueiro, na Praza da Catedral, complica o proxecto municipal de convertila nun museo.
A lentitude da Xunta de Galicia en adquirir a vivenda deixou o edificio en mans privadas, xa que un particular se fixo coa vivienda por uns 210.000 Euros.
Nin o presidente da Xunta nin a Conselleira de Cultura atenderon a proposta do Concello, aprobada no seu día polo goberno e a oposición local. Os herdeiros do escritor, a quenes pertencía a vivenda, estaban dispostos a vendela á Administración por uns 180.000 Euros.

Luis Rego, denuncia a falta de vontade da Xunta, xa que desgraciadamente deixou pasar a oportunidade.
O Alcalde pensaba que a casa museo podería servir coma un elemento dinamizador en favor do turismo na nosa cidade e, en xeral, en toda a comarca, dun xeito similar ó que o fai a casa de Rosalía de Castro en Padrón.
A falta de interese do Goberno galego e a imposibilidade de que o Concello afrontase o proxecto en solitario, por falta de diñeiro, provocaron esta lamentable situación.

Pero non todo está perdido, Luis Rego ofrécese para intentar recuperar a vivenda e deste xeito retomar o proceso. Afirma que non é momento de polémicas, é momento de arrimar o hombro e reconsiderar posturas, xa que a figura de Cunqueiro ben merece isto e máis. Se a Xunta rectifica ofrécese a intermediar para falar co comprador e intentar recuperar este legado cultural.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2019 Mondoñedo en www.mondonedo.net