El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22796484 visitas
 
Concerto de Lucía Pérez este domingo
28 / 11 / 2014 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
28112014.jpgLucía Pérez ofrece este domingo un concerto dirixido a recadar fondos para a viaxe fin de curso dos alumnos do CEIP de Mondoñedo.
O concerto acústico está organizado pola Asociación As San Lucas de Mondoñedo e a Asociación de Nais e Pais de Alumnos do colexio público Álvaro Cunqueiro Mora.
A actuación da artista do Incio terá lugar ás 19:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga da localidade e a venda das entradas será en taquilla por un prezo de 5 euros.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo 28 novembro 2014: A artista Lucía Pérez ofrecerá este domingo, 30 de novembro, un concerto en Mondoñedo cuxa finalidade é a de recadar fondos para que os alumnos do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora da localidade podan organizar a súa viaxe de fin de curso.

Este concerto acústico da cantante do Incio terá lugar no auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo e dará comezo ás 19:00 horas; onde os asistentes poderán coñecer as cancións do seu novo disco, Quitapenas. O prezo da entrada é de 5 euros e poderanse adquirir en taquilla.

Esta iniciativa dirixida a recadar diñeiro para a viaxe de fin de curso está a ser organizada pola Asociación As San Lucas de Mondoñedo e pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora.

A organización invita a participar deste concerto co obxecto de que se logre acadar con creces a finalidade desta proposta, que, unha vez máis, evidencia a colaboración social da Asociación As San Lucas coas demandas das organizacións e dos veciños de Mondoñedo.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net