El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
28070650 visitas
 
Homenaxe ao crego D. Antonio Rodríguez Lodos
11 / 02 / 2015 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
CregoOs fregueses das parroquias de Santa María Maior, Santo Adrao, San Xurxo e San Tomé homenaxean ao crego D. Antonio Rodríguez Lodos.
D. Antonio Rodríguez Lodos, nado en xullo do 1935 en Santa Marta de Meilán, sentiu vocación dende pequeno. Estudou no Seminario de Santa Catalina de Mondoñedo e, con 23 anos de idade, o 14 de marzo do 1959 foi ordenado crego. Seguidamente pasou por varios destinos, dous anos no Ferrol, outros dous en Madrid onde se licenciou en Dereito Canónico na Universidade Pontificia de Comillas, dous máis no Seminario de Mondoñedo e no ano 1965 chegou ás parroquias de San Xurxo, San Tomé e Santo Adrao (Lourenzá) e Santa María Maior (Mondoñedo) onde desenvolveu a súa labor pastoral ata a actualidade.
Ao longo destes 50 anos Don Antonio, nome por o que os seus fregueses o coñecen, foi gañando o cariño e afecto da veciñanza das parroquias, tanto por a súa personalidade próxima e amábel, como por o seu saber estar en cada oficio. Por esta razón, a veciñanza destas catro parroquias decidiu organizarse para renderlle esta tan merecida homenaxe.
O acto, que terá lugar o domingo 1 de marzo ás 13:30 h., comezará cunha misa na igrexa de San Tomé á que lle seguirá un xantar de confraternidade, ao que asistirán veciños e veciñas das súas parroquias.


11022015a.jpg
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2019 Mondoñedo en www.mondonedo.net