PatriciaPatricia Martínez Paz será a pregoeira das feiras e festas das Quendas 2015. A mindoniense logrou a mellor nota de Galicia na proba de acceso á Universidade durante 2014 e concedéuselle o Premio Extraordinario de Bacharelato, que recoñece os mellores expedientes.
O presidente da asociación organizadora das festas dixo que "estamos moi orgullosos e agradecidos a Patricia Martínez, o claro exemplo de que Mondoñedo terá forte presenza no futuro de Galicia".

NOTA DE PRENSA
O presidente da Asociación Cultural As San Lucas de Mondoñedo, Miguel Souto, anunciou hoxe que a pregoeira das feiras das Quendas 2015 será Patricia Martínez Paz.

Patricia Martínez Paz logrou no 2014 a mellor nota de Galicia na proba de acceso á Universidade e dende a Consellería de Educación concedéronlle o Premio Extraordinario de Bacharelato, que recoñece os mellores expedientes.

Da parroquia do Carme (Mondoñedo), estudou bacharelato no IES San Rosendo de Mondoñedo, alcanzando a nota máxima na rama de Ciencias por Bioloxía. Actualmente estuda Medicina na Universidade de Santiago de Compostela.

Miguel Souto explica que a Asociación As San Lucas de Mondoñedo (organizadora das Feiras das Quendas) quixo que Patricia Martínez Paz fose a pregoeira das festas este ano por tratarse dunha persoa da que “todos estamos moi orgullosos e agradecidos”.

Souto dixo que a pregoeira das Quendas 2015 é “o claro exemplo de que Mondoñedo, ademais de formar parte moi importante da historia de Galicia, tamén terá forte presenza no seu futuro”. “Mondoñedo ten futuro, ten persoas válidas, con capacidade de traballo e intelixencia demostrada”. Ademais, “estamos agradecidos xa que Patricia Martínez puxo a Mondoñedo de novo en todos os medios de comunicación”.

Pregoeira As Quendas 2015