El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
A Cidade
Natureza
Persoeiros
Feiras e festas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaxe ó pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidade
Noticias
Eleccións Municipais
Cultura
Deportes
Reportaxes
Novidades da web
Calendario
Servicios
Mapa da emigración
Axenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Xogos
Info mondonedo.net
Mapa do sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En liña...
Contador
28158967 visitas
 
Festa da Árbore 2015
15 / 04 / 2015 > Actualidade Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Festa da ÁrboreComa todos os anos, dende a Asociación Cultural O Pasatempo queremos celebrar a chegada da primavera con unha xornada de actividades para pequenos e maiores que terá lugar o vindeiro sábado día 18 de abril en Mondoñedo.
A partir das 10h da mañá na Praza da Catedral de Mondoñedo e  coa colaboración da delegación de deportes do Concello de Mondoñedo, inicianse as actividades para xente de todas as idades cunhas rutas de sendeirismo e en bicicleta, adecuadas para cada idade.
Dende as 11h  no Casino de Mondoñedo e coa colaboración do Círculo de Recreo e da Gaita Escola de Mondoñedo, realizarase un obradoiro de música tradicional para nenos. Finalmente, a partir das 13h na Praza dos Muíños, pintura facial e globoflexia para nenos, recital de poemas e o momento da plantación da árbore, con acompañamento musical. Ademais, durante toda a mañá na Praza dos Muíños, estarán expostos os debuxos participantes no “IV Concurso de Debuxo da Árbore”, realizados no CEIP Álvaro Cunqueiro e na Escola Infantil  de Mondoñedo, de onde sairon os 2 debuxos gañadores para ser o cartel da festa.

Como curiosidade, recordar que foi en Mondoñedo onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa o 4 de febreiro do ano 1569 sendo rexedor Luis de Luaces, o cal ordenou plantar árbores frutais na hoxe Alameda dos Remedios baixo pena de multa a quen non o cumprise. Para celebralo, trala plantación, ofreceu a todolos veciños unha comida campestre.

Organiza: A.C. O Pasatempo
Colabora: Concello de Mondoñedo -Gaita Escola Mondoñedo -Círculo de Recreo

Cartel

Cartel
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses no mundo Viaxe ó pasado

 
© 2019 Mondoñedo en www.mondonedo.net