El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22782101 visitas
 
Curso de iniciación á apicultura en Mondoñedo
27 / 04 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación os días 1, 2 e 3 de maio no Centro Comarcal A Mariña Central, dentro do programa de formación que AGA Asociación Galega de Apicultura está levando a cabo durante esta primavera por toda Galicia.

NOTA DE PRENSA
Para ter éxito no cultivo das abellas hai que formarse previamente. A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados.  A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca da Mariña Central conta con 200 apicultores, con aproximadamente 3.000 colmeas e unha produción estimada de 60.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas
O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica.  Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu comportamento, a instalación e manexo das colmeas e a obtención dos variados produtos das abellas: o mel, o pole, o própole e a cera.
No programa está incluída a participación nun día de campo con prácticas en colmeas, que faremos no mes de xullo en Covas, no concello de Taboada en Lugo. Alí visitaremos unha explotación apícola incluída nun proxecto de recuperación do rural que están levando a cabo uns socios de AGA. Esta actividade ten tamén como obxecto ofrecer exemplos de posibles alternativas para a xente que está pensando comezar algún proxecto no rural.
Para socios e socias de AGA o curso é gratuito e para as pesoas non socias terá un custe de 50 €. Para inscribirse poñerse en contacto con AGA nos teléfonos 981 508 142 / 981 589 534 ou por email a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
O programa completo do curso en www.apiculturagalega.es


Apicultura
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net