A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso de iniciación os días 1, 2 e 3 de maio no Centro Comarcal A Mariña Central, dentro do programa de formación que AGA Asociación Galega de Apicultura está levando a cabo durante esta primavera por toda Galicia.

NOTA DE PRENSA
Para ter éxito no cultivo das abellas hai que formarse previamente. A pretensión destes cursos é formar novos abelleiros e abelleiras e tamén refrescar a adaptar os coñecementos dos abelleiros e abelleiras veteranas a unha actividade que está sufrindo un proceso de cambios acelerados.  A apicultura ofrece moitas posibilidades coma unha actividade multifuncional. A comarca da Mariña Central conta con 200 apicultores, con aproximadamente 3.000 colmeas e unha produción estimada de 60.000 quilos de mel ó ano, que se pode incrementar xa que temos moitos consumidores comarcais ávidos de consumir estes extraordinarios produtos das abellas
O contido do curso inclúe unha parte teórica e unha práctica.  Os participantes adquirirán os coñecementos básicos sobre as abellas, o seu comportamento, a instalación e manexo das colmeas e a obtención dos variados produtos das abellas: o mel, o pole, o própole e a cera.
No programa está incluída a participación nun día de campo con prácticas en colmeas, que faremos no mes de xullo en Covas, no concello de Taboada en Lugo. Alí visitaremos unha explotación apícola incluída nun proxecto de recuperación do rural que están levando a cabo uns socios de AGA. Esta actividade ten tamén como obxecto ofrecer exemplos de posibles alternativas para a xente que está pensando comezar algún proxecto no rural.
Para socios e socias de AGA o curso é gratuito e para as pesoas non socias terá un custe de 50 €. Para inscribirse poñerse en contacto con AGA nos teléfonos 981 508 142 / 981 589 534 ou por email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..
O programa completo do curso en www.apiculturagalega.es


Apicultura