Torneo de fútbol sala
Por séptimo ano consecutivo, a Asociación Cultural O Pasatempo organiza o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo. 
Este ano a data de celebración será o 12-13-14  Xuño.
Equipos galegos, asturianos e leoneses soen darse cita no pavillón mindoniense e xogadores da Primeira, Segunda, Segunda b e Terceira división do futbol-sala nacional compiten polo trofeo, exclusivo para este torneo, do escultor Juan Puchades.
 
 
Premios:
- 1° clasificado 1500€ + trofeo
- 2° clasificado 600€ + trofeo
- 3° e 4° clasificados 220€ + trofeo
- Mellor equipo local 120€ + trofeo
- Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro, 
(todos os trofeos son artesanais).
Entregarase  tamén unha tarta de Mondoñedo ó MVP da final elexido polo público asistente.

A inscrición é de 110€. Árbitros federados todo o torneo. Descontos en aloxamento ós equipos.

Para apuntarse: 630314749 e 651958770 (tamén por whatsapp)

Cartel