El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22787677 visitas
 
Recollen 1000 quilos de axuda para as familias necesitadas
19 / 05 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
ConcertoRecollen 1000 quilos de axuda para as familias necesitadas de Mondoñedo. O Concerto Solidario, organizado polo Concello de Mondoñedo, a asociación As San Lucas e Mondoñedo É... contou coa colaboración de máis de trinta asociacións locais.
O material recollido foi aportado por colectivos, empresas e particulares e será repartido por Servizos Sociais do Concello entre as persoas demandantes deste tipo de axuda.
 

Cueiros, xel, xampú, pasta e cepillos dentais -sobre todo infantís- e outro produtos hixiénico-sanitarios así como legumes, cereais, aceite, patacas, mel, conservas de peixe e outros alimentos non perecedoiros foron recollidos o pasado domingo en Mondoñedo durante a celebración dun concerto solidario que foi amenizado pola Banda Folk de Ribas de Sil. “Conseguiuse xuntar arredor de mil quilos de material de axuda”, segundo comentan colaboradores de diferentes organizacións que están traballando na clasificación de todo o material recollido.

Durante a celebración do concerto un portavoz da organización dirixiuse ao público para agradecer a colaboración de todos, incluso a Banda Folk de Ribas de Sil que acuiu á cidade da Paula de xeito totalmente altruista e apuntou que “Mondoñedo demostrou que, se hai causa xusta, sabe ser unido e solidario”. Logo destas palabras os representantes das diferentes asociacións foron chamados para sacar unha foto como mostra simbólica da entrega do material.

A Banda de Música Folk do Concello de Ribas de Sil xa ten participado en diferentes concertos solidarios no sur da provincia: San Clodio, Escairón, Monforte e Quiroga son algúns dos lugares donde actuaron para animar á xente a participar en proxectos solidarios. En Quiroga, por exemplo, foron quen de acadar xuntar diñeiro para mercar unha cadeira de rodas automática para un neno que a precisa. 
 
Concerto
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net