El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22777632 visitas
 
O PP ampliará a oferta educativa en Mondoñedo se ten responsabilidades de goberno
19 / 05 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Dende o PP traballarán para que Mondoñedo conte cun novo ciclo formativo e a maiores desenvolverase un plan cultural que permita o desenvolvemento económico da localidade.

NOTA DE PRENSA
A candidata á alcaldía polo Partido Popular en Mondoñedo, Elena Candia, anunciou a posta en marcha de iniciativas en materia educativa e cultural, se ten responsabilidades de goberno na localidade.

En concreto, Elena Candia precisou que o obxectivo é que se leve a cabo unha ampliación da oferta educativa na localidade, e para iso o PP traballará para que Mondoñedo conte cun novo ciclo formativo.  Neste senso, a popular puxo de manifesto o valor engadido desta iniciativa, xa que os centros educativos convertéronse en dinamizadores da actividade local.

A maiores, a candidata polo Partido Popular tamén anunciou o compromiso de desenvolver un plan cultural que permita un maior desenvolvemento económico de Mondoñedo e cuxo obxectivo é o de que a cultura xere riqueza.

Por último, Elena Candia matizou que estas iniciativas propostas polo Partido Popular de Mondoñedo lograron o compromiso do Conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net