El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22801716 visitas
 
Candia compromete unha solución ao problema do tráfico coa creación de aparcamentos
21 / 05 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Os populares sempre manifestaron a súa preocupación pola problemática da falta de prazas de estacionamento e presentaron propostas en pleno para darlle unha solución, que o equipo de goberno (BNG e PSOE) renunciou sacar adiante.
A popular avanza que, se ten responsabilidades de goberno, o seu grupo realizará as xestións oportunas para adquirir terreos que permitan habilitar prazas de estacionamento en puntos estratéxicos.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo 21 de maio de 2015.- A candidata do Partido Popular á alcaldía de Mondoñedo, Elena Candia, compromete unha solución ao problema da falta de estacionamento que sofre a localidade.

En concreto, a popular avanza que, se ten responsabilidades de goberno, o seu grupo realizará as xestións oportunas para adquirir terreos que permitan habilitar prazas de estacionamento en puntos estratéxicos da localidade.Os nacionalistas e socialistas foron incapaces de darlle unha solución á problemática de falta de prazas para estacionar no municipio, pese ás peticións e propostas que lles trasladaron os populares. “Ao contrario, ás obras que realizaron empeoraron a situación, mentres endurecían a política sancionadora”, engade a popular.

Pasividade ante as propostas populares
Os populares sempre manifestaron a súa preocupación pola problemática da falta de prazas de estacionamento e presentaron propostas en pleno para darlle unha solución, que o equipo de goberno (BNG e PSOE) renunciou sacar adiante.

Candia lembra que pediron durante estes anos a socialistas e nacionalistas, a través dos medios que dispoñen, que establecesen contactos cos propietarios dos terreos situados en torno á Igrexa de Santiago, para a súa adquisición co obxecto de destinalos a aparcadoiros.

Tamén, segundo lembra a alcaldable popular, “instamos ao Concello a que creara prazas de aparcamento no entorno da Rúa Rocha de Vélez. Pese a que se comprometeron co Partido Popular a ter en conta estas dúas peticións, a día de hoxe o bipartito provincial non fixo nada para solucionar o problema do tráfico en Mondoñedo e se non fixeron en anos, desconfío que o fagan agora”.

Elena Candia conclúe ao asegurar que dende o PP, se acada responsabilidades de goberno, non se escatimará en esforzos para dotar á localidade de aparcadoiros. “Trátase dun compromiso dos populares que se poderá incluso converter nun catalizador para fomentar o tecido comercial no municipio e incentivar o turismo”.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net