El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22783962 visitas
 
Elena Candia presenta o novo goberno municipal
15 / 06 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
Goberno MondoñedoA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presenta a nova estrutura da organización municipal: “un equipo cun programa de traballo no que se priorizan as áreas máis necesarias”.
O novo goberno establécese como primeiras actuacións melloras no mantemento da cidade, a creación de emprego e ofrecer un “Concello aberto”.
A proposta inclúe as concellerías de Cultura, Turismo e Medio Ambiente; Medio Rural, Persoal e Participación Cidadá; Facenda e Benestar; Servizos,  Urbanismo e Obras; Deportes, Industria e Promoción Económica; e Mocidade, Educación e Novas Tecnoloxías. A alcaldesa tamén anuncia que arranca a programación dunha rolda de contactos coas distintas administracións para ir materializando os proxectos.

NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 15 de xuño de 2015- A alcaldesa do Concello de Mondoñedo, Elena Candia, presentou hoxe a nova estrutura da organización municipal. O novo goberno comeza coa “maior ilusión” para acadar os seus principais compromisos, establecéndose como primeiras actuacións melloras urxentes no mantemento da cidade, a creación de emprego e ofrecer un “Concello aberto”.

Reparto de concellerías
A proposta inclúe o seguinte reparto de concellerías, que integran as principais áreas identificadas no programa electoral que “foi e será o contrato asinado cos mindonienses” –matiza Candia-.

María Elena Candia López asume a delegación de Cultura, Turismo e Medio Ambiente
Manuel Ángel Otero Legide (tenente de alcalde) é o responsable das áreas de Medio Rural, Persoal e Participación Cidadá
María Ángeles Rodríguez Rico terá a responsabilidade de Facenda e Benestar
José Otero Rejes: Servizos, Urbanismo e Obras
Manuel Tapia Rivera: Deportes, Industria e Promoción Económica
Alberto García Fernández: Mocidade, Educación e Novas Tecnoloxías.

Concelleiros

Primeiras actuacións
O novo equipo de goberno ten identificado a prioridade na actuación de obras de carácter urxente que permitan o adecentamento tanto do casco urbano como do rural, como son “actuacións de limpeza, reparación das pedras rotas no empedrado para garantir a seguridade, recambio de contedores de lixo, limpeza do río dos Muíños…”.

A alcaldesa tamén fixo fincapé en que o emprego será outras da prioridades inmediatas e, nesto senso, citou a posta en marcha, en breve, dun obradoiro de emprego concedido pola Xunta de Galicia.

Un Concello aberto
O equipo de goberno nace cunha “clara actitude de colaboración e vocación de resolver problemas” e establece a importancia de ofrecer un “Concello aberto, cun horario de atención aos veciños, con persoas accesibles, coa posta en marcha dun regulamento de participación cidadá, coa programación dunha rolda de visitas con asociacións e parroquias…”.

Outras medidas
Entre outras das primeiras medidas que poñerá en marcha o novo equipo de goberno atópase a intensificación da celebración de Xuntas de Goberno para articular unha administración local máis áxil. Esta decisión non supón un incremento do custe, toda vez que a asistencia ás Xuntas de Goberno non son remuneradas.

Por último, a alcaldesa tamén anuncia que arranca a programación dunha rolda de contactos coas distintas administracións para ir materializando os proxectos.
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net