El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Hay 1 visitante en línea
Contador
22767211 visitas
 
Os Muíños, esencia artesá
22 / 06 / 2015 > Con voz propia Compartir en Facebook Compartir en Twitter
O barrio dos Muíños seduce desde o primeiro golpe de vista. É un microcosmos de Mondoñedo, o reduto ideal para recompoñer o ánimo, para pasear e gozar da súa estética cativadora. Mesmo a toponomia pon música: Ponte do Pasatempo ou de Ruzos, Fonte dos Pelamios, Rúa das Moscas.
O barrio dos Muíños ten unha longa historia. O nome xa indica cal foi a principal ocupación da veciñanza desde sempre. A abundancia de auga propiciabao. A principios do século XX arrendábase un muíño fariñeiro con tres pedras, bo salto de auga, a propósito, dicía o reclamo, para instalar algunha industria que precisase motor de auga.
Por alí pasa un camiño principal que en orixe foi calzada romana, e que cando cruza por enriba do río Valiñadares sobre a Ponte do Pasatempo, descansa e párase a contar historias coma a que lle custou  vida a Pardo de Cela. O Valiñadares, como o mítico río de Xerxes, descomponse en dúas canles que atravesan o barrio para dar vida a muíños, hortas, lavadoiros, casas e, sobre todo, a moitos obradoiros que ao longo da historia foron e aínda son, afortunadamente. Un río atento ás necesidades das persoas, case sempre mudo, agás nalgunha que outra invernía que se desmadrou, que de todo houbo en tantos anos de historia. O barrio de Triana (denominación popular nas décadas 20 e 30 do pasado século) ou a Venecia mindoniense, que se dixo, e aínda repiten, os cronistas.
Nos Muíños naceron ou viviron, entre outros moitos, o músico e militar J. A. Lodeiro Piñeiroa, o barbeiro e músico M. Ledo Bermúdez “O Pallarego”, o poeta e xornalista X. Díaz Jácome, o prateiro e reloxeiro J. Ínsua Pedrosa, o fotógragfo e pintor Santiago Pernas.  Polo barrio dos Muíños pasaba cada día A. Cunqueiro para lerlle o xornal a Vendabal, a cambio de que este míti cazoleiro trátase de ensinarlle ao poeta, inultimente, os fundamentos da arxila. Pepe de Treta, Tito de Freire,  Patrulla … son nomes de prestixio na memoria deste oficio.
O barrio dos Muíños conserva aínda habilidosas mans para case todos os oficios: oleiros como Chus Lage (nos mellores tempos as olarías chegaron a ocupar moitas casas do Couto de Outeiro), zoqueiros como Alberto Geada, titiriteiros como Ton Arenas, muiñeiros como Edelmiro Expósito, serigrafistas como A Xente das Cores-Julieta Vargas, pregoeiros sabios como X. Ruíz Leivas, hostaleiros como O Valeco, forxadores, músicos, panadeiros, poetas e artistas que aínda crean atesanalmente.
Pódese afirmar que ao barrio dos Muíños de Mondoñedo non lle falta de nada, pois ata ten unha praia que lle debuxou moi fermosa e soleada Mauro leivas  para o cartaz que pregoa a Feriamostra que se vai celebrar alí o sábado 11 de xullo.
Son moitos os colectivos implicados na organización desta VIII Xornada de “Abrindo Camiño” na que van participar case medio cento de artesáns, a maioría mindonienses e mariñáns.  Produtos da horta e das mans, o quefacer manual herdado que pulsa por revivir onde sempre foi arte. Novos e vellos oficios que van ocupar a praza e as rúas do barrio como nos vellos tempos, cando as festas de Santiago competían coas mesmas feiras das San Lucas. As portas francas e  o río e as canles impolutas. Que máis se pode desexar para un día mindoniense de verán!.  
 
ANTONIO REIGOSA - Mondoñedo


NOTA: LAS OPINIONES VERTIDAS EN ESTE ESPACIO SON DE EXCLUSIVA RESPONSABILIDAD DE SUS AUTORES Y NO REPRESENTAN NECESARIAMENTE LA OPINIÓN DEL EDITOR.
Para publicar un artículo firmado en esta sección escribir a:  Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla
 
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net