El Portal de Mondoñedo en FacebookSíguenos en TwitterVídeos de Mondoñedo en YouTubeTitulares RSSGalería de fotosBuscar en El Portal de MondoñedoMindonienses en el mundoAgendae-mail gratis
Mondoñedo
Inicio
Monumentos
Historia
La Ciudad
Naturaleza
Personajes
Ferias y fiestas
Mondoñedo en cifras
Con voz propia
Fotografías
Galería de fotos
Viaje al pasado
Fondos de pantalla
Mondoñedo TV
Idioma
Página en Español
Páxina en Galego
Actualidad
Noticias
Elecciones Municipales
Cultura
Deportes
Reportajes
Novedades de la web
Calendario
Servicios
Mapa de la emigración
Agenda
Enlaces web
Libro de visitas
E-Mail Gratis (GMAIL)
E-Mail Gratis (ZZN)
Sala de Juegos
Info mondonedo.net
Mapa del sitio
Colabora
Uso de cookies
Buscador
En linea...
Contador
22780760 visitas
 
Candia reduce en máis dun 20% o custe do persoal político do Concello de Mondoñedo
26 / 06 / 2015 > Actualidad Compartir en Facebook Compartir en Twitter
A alcaldesa convocou aos representantes do PSOE e do BNG para explicarlles os asuntos a tratar no pleno de organización do próximo luns.
Aprobaranse tres dedicacións parciais para os responsables das áreas de Cultura, Turismo e Medio Ambiente; Facenda e Benestar; e Servizos, Urbanismo e Obras.
Intensificaranse as celebracións das Xunta de Goberno (unha por semana) e dos plenos (un por mes), para conseguir unha administración “máis áxil e viva”.
NOTA DE PRENSA
Mondoñedo, 26 de xuño de 2015- A alcaldesa do Concello de Mondoñedo, Elena Candia, reduce en máis dun 20% o custe do persoal político da institución local. 

A proposta do equipo de goberno aprobarase o luns no pleno de organización, previsto para as 9:00 horas. Co obxecto de explicarlles os asuntos que se tratarán nesta sesión, a alcaldesa convocou esta mañá aos representantes do PSOE e do BNG.

Aprobaranse tres dedicacións parciais para os responsables das áreas de Cultura, Turismo e Medio Ambiente; Facenda e Benestar;  e Servizos, Urbanismo e Obras

Rexeneración democrática
No pleno do luns tamén se aprobarán propostas que implicarán unha rexeneración democrática e que permitirán conseguir unha administración “máis áxil e viva”.

Así intensificarase a periodicidade das sesións da Xunta de Goberno local, que se celebrarán unha vez por semana; mentres que as sesións ordinarias do pleno da corporación convocaranse unha vez ao mes.

No pleno de organización do luns tamén se aprobarán os nomeamentos aos representantes dos colexios e da mancomunidade; a maiores de constituírse a composición das comisións informativas, coa previsión de que a posteriori se crearán máis.  
 


 
Mondoñedo en Twitter

Mondoñedo en Facebook
Destacados
Mondoñedo nevado Mindonienses en el mundo Viaje al pasado

 
© 2017 Mondoñedo en www.mondonedo.net